Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xaneiro de 2017

    Debido ao descenso do uso do catalán no ámbito xurídico, a Generalitat decidiu intentar reverter esta tendencia mediante unha iniciativa pola que se lles pagará 14 euros aos avogados de oficio por cada escrito que presenten nos xulgados nesta lingua.

    Fonte: El País

    04 de xaneiro de 2017

    Un grupo de investigadores da Universidade de Manchester analizou as linguas máis faladas nesta cidade inglesa e elaborou un mapa que representa as diferentes comunidades lingüísticas que hai en cada zona.

    Fonte: The University of Manchester

    04 de xaneiro de 2017

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal defendeu a necesidade de que as empresas portuguesas promovan a lingua portuguesa por medio do seu apoio a lectorados e cátedras de portugués no exterior.

    Fonte: Observador

    04 de xaneiro de 2017

    A certificación EGA (Euskararen Gaitasun Agiria) revalidou o Q de calidade, conseguido por primeira vez en 2011 e que manterá ata 2021. Trátase do único certificado con este recoñecemento na acreditación do éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    04 de xaneiro de 2017

    Os datos do Barómetro do uso do catalán en internet, realizado por WICCAC, sinalan que a porcentaxe de webs que están nesta lingua ou que a inclúen entre as súas opcións alcanzou o 65 % no mes de decembro de 2016.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    03 de xaneiro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no MOME da Estrada á actividade 'Cantarolas pra xente miúda', acompañado polo tenente de alcalde, Juan Constenla.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de xaneiro de 2017

    Un grupo de expertos do Consello da Lingua Sueca revelou que no último ano o sueco adoptou un total de 43 novas palabras.

    Fonte: The Local

    03 de xaneiro de 2017

    Un estudo da Universidade de Cambridge revela que as barreiras lingüísticas son aínda un obstáculo para o coñecemento da investigación científica no mundo xa que unha parte importante dos traballos que se publican son en linguas diferentes ao inglés.

    Fonte: The Christian Science Monitor

    03 de xaneiro de 2017

    Debido a cambios políticos, sociais e culturais ao longo de todo un século, as familias guipuscoanas foron modificando as súas preferencias á hora de poñerlles nomes ás súas fillas e fillos. Así, a tendencia nas últimas décadas foi decantarse por denominacións máis curtas, pagás e en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    03 de xaneiro de 2017

    Forman parte do proxecto Linguatec organizacións vinculadas ao aragonés, o éuscaro e o occitano, como linguas pirenaicas, así como o catalán, o castelán e o francés, que se unen para desenvolver novas tecnoloxías relacionadas coa lingua e o turismo.

    Fonte: AraInfo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder