Acábase de estrear Lo Pichòt Comtadin, un novo xornal en liña en lingua occitana que ofrecerá noticias de actualidade do mundo e do antigo condado Venaissin.
Fonte: Jornalet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Acábase de estrear Lo Pichòt Comtadin, un novo xornal en liña en lingua occitana que ofrecerá noticias de actualidade do mundo e do antigo condado Venaissin.
Fonte: Jornalet
A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha mobilización fronte ao Rexistro Civil de Corcubión como protesta ante a súa negativa a cambiarlle o apelido "Rey" por "Rei" a unha estudante, malia que a legalidade ampara a súa solicitude.
Fonte: El Progreso
O Concello de Pamplona destinará 20 000 euros a axudas para que mozas e mozos da cidade poñan en marcha proxectos culturais e artísticos en éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
Estas axudas están destinadas a entidades culturais sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que desenvolvan actividades de dinamización lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Co Colexio Rural Agrupado de Cubillos del Sil elévase a 18 o número de centros educativos da comarca do Bierzo nos que se impartirá o vindeiro curso o ensino de lingua galega.
Fonte: Diario de León
As Feiras do Libro de Galicia 2017 inician en Verín un percorrido que as levará por 16 concellos das catro provincias galegas, dous máis que o pasado ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang fortalecerá o ensino infantil bilingüe uigur-chinés coa construción de máis escolas e a contratación de profesorado competente nas dúas linguas.
Fonte: ECNS
Unha iniciativa da Corporación Nacional de Desenvolvemento Indíxena de Chile (Conadi) permitirá que indíxenas da rexión de O'Higgins poidan impartir clases de mapuche en centros escolares.
Fonte: El Tipógrafo
Este obradoiro de improvisación oral en verso (regueifa) está destinado a docentes de Lingua Galega de Educación Primaria e Secundaria coa finalidade de ensinarlles este recurso lúdico e didáctico para fomentar o uso oral do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Premio Desideri Lombarte recoñece un labor continuo e destacado de defensa do catalán de Aragón, en calquera ámbito, xa sexa social, cultural, deportivo, artístico ou económico.
Fonte: El Periódico
Subscríbase ao boletín