Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xaneiro de 2017

    A CatalApp permitiralles ás persoas consumidoras avaliar establecementos comerciais en cuestións relativas ao trato lingüístico recibido en atención oral ou escrita.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    11 de xaneiro de 2017

    Coa guía Dalal jam al català!, editada en versión bilingüe catalán-wolof, preténdese presentarlle a lingua catalá á comunidade islámica e de fala wolof residente en Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de xaneiro de 2017

    O Tribunal Constitucional decidiu tratar de maneira conxunta seis recursos presentados a catro normas que regulan dalgunha forma o uso do catalán. O obxectivo desta decisión é dar unha resposta unitaria aos aspectos comúns que se presentan neles.

    Fonte: El Periódico

    11 de xaneiro de 2017

    O calendario componse de doce viñetas realizadas polo debuxante Luís Davila e leva por título Na Universidade en galego. Sen prexuízos.

    Fonte: Universidade de Vigo

    11 de xaneiro de 2017

    Representantes dos principais sindicatos reuníronse coa conselleira de Xustiza e Administración Pública para presentarlle o acordo no que propoñen que o funcionariado conte cun nivel axeitado tanto de valenciano como de castelán.

    Fonte: El Diario

    10 de xaneiro de 2017

    Co fin de reducir as barreiras lingüísticas, o Xapón comezou xa a prepararse para atraer o máximo número de visitantes para os Xogos Olímpicos de 2020. Entre as medidas, destaca a formación de voluntarios que farán labores de interpretación.

    Fonte: The Japan Times

    10 de xaneiro de 2017

    Unha pequena comunidade de orixe europea, que vive no estado brasileiro do Paraná, usa aínda expresións que pertencen á lingua véneta, falada no nordeste de Italia.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    10 de xaneiro de 2017

    Unha nova aplicación permitirá descargar a última edición do Diccionario de la lengua española (DLE) da RAE. Ademais, pode accederse sen conexión a internet e está dispoñible para Apple e Android.

    Fonte: RAE

    10 de xaneiro de 2017

    Once grupos que utilizan habitualmente a lingua asturiana figuran entre os 88 finalistas que optan a algún dos premios AMAS aos mellores traballos musicais do ano.

    Fonte: La Vanguardia

    10 de xaneiro de 2017

    O Premio de Poesía Concello de Carral celebra en 2017 a súa vixésima edición. As bases da nova convocatoria deste certame literario foron presentadas polo alcalde do municipio coruñés, José Luis Fernández, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder