Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de abril de 2017

    A ópera galega O Arame estrearase o vindeiro 10 de xuño no Magdalen College de Oxford, como coprodución entre o Centro John Rutherford de Estudos Galegos, dependente da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Queen’s College da Universidade de Oxford e XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de abril de 2017

    Con este plan búscase estender gradualmente a aprendizaxe obrigatoria de dúas linguas estranxeiras ata a Educación Secundaria, así como mellorar a formación do profesorado e adiantar o estudo dun segundo idioma ao segundo ciclo de Educación Infantil.

    Fonte: Ideal

    10 de abril de 2017

    A terceira edición da Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos celebrouse na Facultade de Filoloxía e nela participaron 52 alumnos na proba de grego e 67 na de latín.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    10 de abril de 2017

    Con gallo do 30 aniversario das Trobades d'Escoles Valencianes, a organización Escola Valenciana solicitoulle ao Goberno da comunidade a creación dunha lei de igualdade lingüística.

    Fonte: ABC

    10 de abril de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou no Consello da Cultura Galega o V Encontro de profesores e estudantes de catalán no exterior.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de abril de 2017

    O Congreso Nacional do Brasil aprobou o acordo que prevé a emisión de visados a estudantes de países de lingua portuguesa. A iniciativa beneficiará os seguintes países: Angola, Cabo Verde, Guinea-Bisau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor Leste.

    Fonte: Radioagência Nacional

    07 de abril de 2017

    Catro músicos, os portugueses Capicua e Valete e os brasileiros Emicida e Rael, uníronse para publicar un disco de música nas dúas variedades de portugués que separa o Atlántico. O proxecto levará o nome de Língua franca.

    Fonte: RTP Notícias

    07 de abril de 2017

    No proxecto educativo Gazapon Go participaron 25 colexios de oito comunidades autónomas. Con esta iniciativa convídase os alumnos a que "capturen" cazapos, erratas e erros lingüísticos que atopen no seu día a día.

    Fonte: La Vanguardia

    07 de abril de 2017

    A plataforma web Emilab pretende impulsar a docencia en inglés a través do apoio ao profesorado e aos investigadores na elaboración dos seus traballos na devandita lingua.

    Fonte: Universidade de Vigo

    07 de abril de 2017

    Unha nova edición do festival musical “A mocidade coa lingua 2017” chega a Ferrol, unha iniciativa na que a música en galego é a protagonista.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder