Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de abril de 2017

    A campaña 'Rebélate. Fala galego', impulsada polo BNG, ten como obxectivo proporcionarlles ferramentas ás mozas e aos mozos que deciden cambiar o español polo galego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    07 de abril de 2017

    Ata o día 28 de abril pódense presentar as candidaturas ao Premio Peme á Calidade Lingüística no sector empresarial, impulsado por PIMEC coa colaboración da Generalitat de Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    07 de abril de 2017

    A ferramenta de tradución Microsoft Translator inclúe agora o xaponés entre os idiomas que ofrecen tradución oral automática.

    Fonte: Neowin

    07 de abril de 2017

    O Centro de Termoloxía TERMCAT é o responsable da versión en catalán de dúas novas normas ISO: a UNE-ISO 30302 e a UNE-ISO 23081-2:2011.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    07 de abril de 2017

    O ministro responsable da lingua galesa no País de Gales, Alun Davies, animou os unionistas de Irlanda do Norte a apoiar unha lei que promova a lingua irlandesa e protexa os seus falantes.

    Fonte: BBC

    07 de abril de 2017

    No 2016 léronse 427 teses de doutoramento na Universidade de Santiago, das cales o 59% estaba en español; o 20%, en inglés; o 13%, en galego; e o 7%, en portugués.

    Fonte: O Cartafol Dixital

    06 de abril de 2017

    O encontro ‘Conversas en Empresariais’ afondou na Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo no compromiso e no valor da lingua galega na actividade empresarial e no uso e promoción da lingua propia de Galicia no sector socioeconómico.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de abril de 2017

    Román Rodríguez destacou na presentación da Memoria de actividades de cultura da Xunta de Galicia 2016 que durante o pasado ano Galicia avanzou na internacionalización da nosa cultura e patrimonio, con fitos como a Feira do Libro de Bos Aires ou o Womex16; no ámbito da integración das novas tecnoloxías nos arquivos e bibliotecas de Galicia e na renovación do noso marco legal no eido do patrimonio cultural.

    06 de abril de 2017

    O FalaRedes, programa que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nos concellos que forman parte da súa Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nos concellos de Baiona e Boqueixón.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de abril de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no Diario Oficial de Galicia a resolución do 24 de marzo pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega nos niveis 1, 2, 3 e 4 no ano 2017 (ED114A).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder