Un grupo de falantes de linguas indíxenas de Bolivia reuniuse nunhas xornadas para reivindicar unha maior presenza destes idiomas en internet.
Fonte: Global Voices
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un grupo de falantes de linguas indíxenas de Bolivia reuniuse nunhas xornadas para reivindicar unha maior presenza destes idiomas en internet.
Fonte: Global Voices
O representante do Brasil perante a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Gonçalo Mello Mourão, resaltou a importancia da lingua portuguesa no escenario internacional e considera que vai medrar no futuro.
Fonte: Notícias ao Minuto
O borrador do Plan de convivencia e diversidade recolle, entre outros aspectos, fomentar o coñecemento do éuscaro entre a poboación migrante para facilitar a interacción coa poboación local.
Fonte: El Correo
Os sindicatos subscribiron un acordo para instar o Goberno valenciano a garantir a competencia lingüística do persoal da Administración valenciana en función do seu posto.
Fonte: La Vanguardia
Estas axudas para o ano 2017 están destinadas á creación de obras audiovisuais, en versión orixinal en lingua galega, con decidida vocación artística e cultural.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O departamento de Xustiza e o Consello da Avogacía Catalá asinaron un acordo para que os profesionais da quenda de oficio utilicen o catalán nos seus escritos.
Fonte: La Vanguardia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación da tradución ao galego de Todo isto che darei, coa que Dolores Redondo gañou o Premio Planeta 2016.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
"Irmandade" é a palabra do ano 2016 en lingua galega. Este foi o resultado dunha votación realizada no Portal das Palabras, proxecto que comparten a Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión do galego.
Miranda do Douro acolle o festival Geada cunha serie de actividades que inclúen a música e danza tradicionais e o contacto coa lingua mirandesa.
Fonte: Hardmusica
Un total de 24 novos concellos acollerán as propostas do programa de dinamización lingüística "Nadal en Rede" que ofrece unha intensa axenda cargada de obradoiros musicais e de xogos e xoguetes en galego, concertos didácticos, teatro de monicreques e encontros cos Bolechas, entre outras propostas, para promover o uso do galego nas celebracións destas datas.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín