Os obradoiros, dirixidos aos nenos e nenas da cidade, están destinados a dar a coñecer a toponimia e os nomes da flora e fauna da contorna.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os obradoiros, dirixidos aos nenos e nenas da cidade, están destinados a dar a coñecer a toponimia e os nomes da flora e fauna da contorna.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os premiados foron Jesús Mayo Brenlla, na categoría “A Estrada e Comarca de Tabeirós-Terra de Montes”; a Compañía Viravolta Títeres, na categoría “Galicia enteira”; e o escritor Salvador García-Bodaño, na categoría “Toda unha vida”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Para o curso 2016/17 o concello creará o programa “Mintzakide. Voluntarios pola lingua” que permitirá a organización de grupos de conversa para perfeccionar o nivel de éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
A campaña, denominada Euskaraz, S.A., ten como obxectivo sensibilizar os axentes do ámbito laboral e fomentar a normalización lingüística da lingua vasca.
Fonte: Diario Vasco
“As Irmandades da Fala non só son importantes como referente do pasado, senón tamén como parte do noso presente”, quixo resaltar o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no acto inaugural do simposio ‘Repensando Galiza: as Irmandades da Fala’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O concello lugués de Carballedo, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, acolle este domingo, 20 de novembro, unha das tres últimas citas da actividade 'O rueiro das liortas', programada desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa prestixiosa compañía teatral Elefante Elegante.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Este novo glosario incluirá terminoloxía específica dirixida aos profesionais do sector da xardinería e do paisaxismo que desexen empregar uns termos comúns e estandarizados.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Son datos do informe sobre Política Lingüística do 2015. As páxinas máis visitadas en Cataluña con versión en catalán son as das grandes empresas como Google ou Facebook e as dos medios de comunicación.
Fonte: El País
Entre as melloras destaca a incorporación dun botón para expoñer dúbidas ou propoñer actualizacións e a posibilidade de adaptar o dicionario ás preferencias de cada persoa.
Fonte: Real Academia Galega
O galego, xunto a outras linguas como o esloveno, o maltés ou o bengalí, estiveron presentes nun acto de resistencia celebrado na India co obxectivo de destacar os desafíos aos que se enfronta a tradución poética.
Fonte: El Diario
Subscríbase ao boletín