Dous proxectos de innovación educativa coordinados polo EDLG e apoiados pola dirección do centro e dos departamentos implicados promoverán o coñecemento do galego nos mozos.
Fonte: Galicia Confidencial
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Dous proxectos de innovación educativa coordinados polo EDLG e apoiados pola dirección do centro e dos departamentos implicados promoverán o coñecemento do galego nos mozos.
Fonte: Galicia Confidencial
O servizo mundial da BBC prepárase para emitir en 11 novas linguas, dando así inicio á maior expansión en termos de difusión para o estranxeiro desde a Segunda Guerra Mundial, anunciou a estación pública británica.
Fonte: BBC
Islandia celebra o Día da Lingua Islandesa con multitude de actos culturais e académicos. Esta data conmemora o nacemento do poeta islandés Jónas Hallgrímsson (1807-1845).
Fonte: Iceland Review
O 5 de novembro do ano 1876 o semanario O Tío Marcos d'a Portela publicaba o primeiro anuncio en galego, que ofertaba máquinas de coser dunha compañía alemá.
Fonte: Galicia Confidencial
O proxecto “O galego. A lingua do padal” consistirá no desenvolvemento dunha mesa redonda sobre a etiquetaxe en galego, onde se debaterá a importancia do idioma como marca de calidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O simposio ofrece na capital galega un marco para o debate e a reflexión arredor do labor impulsado polas Irmandades, coincidindo co centenario do seu nacemento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Generalitat asinou un convenio de colaboración cola Federación Valenciana de Municipios e Provincias polo cal se compromete a destinar 30 000 euros á promoción do multilingüismo no ámbito social.
Fonte: València Extra
O recentemente publicado Novo Atlas da Lingua Portuguesa revelou que no ano 2100 a maioría dos falantes de portugués vivirá no continente africano, sobre todo en Angola e Mozambique.
Fonte: Público
Con motivo do día da lingua de signos portuguesa, o presidente da República portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, anunciou a publicación de vídeos dos seus discursos coa tradución a esta lingua.
Fonte: Diário de Notícias
A directora xeral de Política Lingüística da Generalitat reuniuse en Barcelona cun representante do Concello de Alguer co obxectivo de colaborar no fomento da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín