Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de agosto de 2016

    A CGT denunciou o sindicato LAB por non respectar o francés nin os valores republicanos e darlle preferencia ao éuscaro.

    Fonte: El Diario

    04 de agosto de 2016

    O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta vai promover o uso do galego no ámbito económico a través do primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico. Este Plan ten como principal obxectivo o consenso porque busca precisamente aumentar a presenza do galego na economía e xeneralizar a convicción de que o galego no eido empresarial é útil.

    04 de agosto de 2016

    No programa de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participou este verán a mocidade de 15 campamentos da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de agosto de 2016

    'Palabras máxicas' será a nova actividade do programa 'Galicia culturea. Cultura e lingua no verán' que se desenvolve en máis de 160 concellos da Comunidade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de agosto de 2016

    O obxectivo destas axudas é situar o catalán como lingua habitual de traballo e de atención ao público nas actividades sociais, económicas e deportivas. O montante total das axudas será de 10 000 euros.

    Fonte: Menorca.info

    04 de agosto de 2016

    O recurso presentado demanda a anulación do Plan de normalización lingüística da lingua asturiana do Concello de Carreño, pese a que os informes xurídicos son favorables ao plan.

    Fonte: Asturies

    03 de agosto de 2016

    A tradución do Código de mercados públicos ao wolof supón unha boa nova para o 90 % da poboación de Senegal que fala este idioma. É a primeira vez que este código está dispoñible nunha lingua nacional na Unión Económica e Monetaria de África Occidental.

    Fonte: Ferloo

    03 de agosto de 2016

    Estes talleres para a aprendizaxe do catalán para estranxeiros acolleron máis de 100 alumnos durante o mes de xullo, con idades comprendidas entre 12 e 16 anos.

    Fonte: La Información

    03 de agosto de 2016

    O Ministerio de Xustiza explica que a proba de acceso á avogacía podería realizarse nas linguas cooficiais das comunidades autónomas “en función do número de alumnos e das dispoñibilidades técnicas”.

    Fonte: El Punt Avui

    02 de agosto de 2016

    A partir do vindeiro curso escolar o árabe integrarase oficialmente no sistema educativo francés o que lles permitirá aos alumnos escollelo como segunda lingua estranxeira.

    Fonte: Réalités

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder