O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, gabou a figura do sobranceiro enxeñeiro agrónomo e veterinario Cruz Ángel Gallástegui Unamuno como un dos principais dinamizadores da ciencia en galego –desde a súa faceta de divulgador e como colaborador das principais institucións da lingua propia– e da economía vinculada ao medio rural en Galicia.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A canle de televisión TV Perú emitirá en breve un noticiario en lingua quechua, como parte dunha iniciativa que ten por obxectivo a promoción da cultura peruana.
Fonte: Capital
O romanche, a cuarta lingua oficial de Suíza que conta actualmente con 60 000 falantes, podería perder unha das dúas cátedras universitarias que ten na actualidade no país helvético.
Fonte: Swissinfo
A escritora portuguesa Isabel Zambujal visitará escolas estadounidenses onde se ensina a lingua portuguesa para promover a lectura nesta lingua.
Fonte: RTP
Todos os carteis que indican a entrada á Comunidade Foral de Navarra na Rede de Estradas estarán en castelán e en éuscaro, independentemente da súa localización en zona vascófona, mixta ou non vascófona.
Fonte: Noticias de Navarra
Segundo un estudo, os euscaldúns arabeses pasaron 15 ao 20 % en cinco anos, o problema é que, malia coñecer o éuscaro, apenas o 6 % deles o fala habitualmente.
Fonte: EiTB
O vindeiro 16 de decembro a Unesco presentará en Donostia o seu Atlas das Linguas do Mundo, que inclúe todos os idiomas existentes co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística mundial.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Este dicionario en liña publicado polo Termcat inclúe máis de 800 termos dos campos da química orgánica e inorgánica. Cada entrada contén as denominacións catalás do termo acompañadas da súa categoría léxica e os seus equivalentes en inglés e castelán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Desde a Universidade Pública de Navarra opinan que se debe seguir traballando para aumentar a docencia en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O 4 de novembro Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) conmemora o Día da Ciencia en Galego que este ano chega á súa sétima edición, dedicada á Bioloxía. Este ano homenaxéase a Gregor Mendel, que descubriu as leis que rexen a herdanza xenética, e Cruz Galléstegui Unamuno, que introduciu a xenética en España.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín

