Durante o primeiro semestre do ano 2016 este dicionario incorporou un total de 842 novas entradas e modificou 4328.
Fonte: Techenet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Durante o primeiro semestre do ano 2016 este dicionario incorporou un total de 842 novas entradas e modificou 4328.
Fonte: Techenet
O novo goberno da comunidade deline, que conseguirá a súa autonomía o 1 de setembro, pretende aprobar unha lei que garanta o coñecemento e o emprego da lingua sahtú na Administración.
Fonte: Nationalia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no concello coruñés de Boiro a nova actividade ‘O zapateiro e o raposo’, que chegará a dezaseis concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia no marco das propostas lingüísticas que integran o novo programa ‘Galicia culturea’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Procurador do Común, o valedor do pobo de Castela e León, emitiu unha resolución na que pide que se cumpra o artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía,e esixe medidas para protexer e promover a lingua leonesa.
Fonte: Ileón.com
Nunha escola australiana de educación primaria crearon unha canción que leva por título “Marrin Gamu“ co obxectivo de fomentar as diferentes linguas indíxenas do país.
Fonte: GlobalVoices
O Goberno Rexional de Cuzco puxo en marcha unha iniciativa para dobrar ao quechua filmes como O rei león ou Star Wars, entre outros, co obxectivo de revitalizar o emprego desta lingua.
Fonte: La Prensa
Este programa está organizado polo Centro de Interpretación da Oralidade e polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, co obxectivo de difundir o patrimonio oral galego a través de actividades para o público familiar e infantil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra 'Un globo de novelos', de Mª Dolores González-Chamadoira.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O programa tivo éxito de público nos catro espectáculos programados no primeiro semestre do ano, que percorreron ducias de concellos nas catro provincias galegas sumando case oitenta funcións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O programa de dinamización lingüística 'O galego campa!’ para promover a actividade en lingua galega nos campamentos de verán da Xunta de Galicia continuará a súa andaina en Bergondo, Ribadeo, Palas de Rei, Muíños, Vilanova de Arousa e Manzaneda.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín