Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de outubro de 2016

    Un novo itinerario formativo da Facultade de Dereito, denominado "Jurista en valencià", busca que o valenciano se converta nunha ferramenta de comunicación no ámbito xurídico.

    Fonte: Levante-EMV

    31 de outubro de 2016

    O III Premio Literario Descubrindo Oleiros está dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroado neste concello.

    31 de outubro de 2016

    Un estudo, encargado polo Concello de Huesca a un especialista en lingua aragonesa, recompilará a toponimia tradicional das súas rúas e barrios.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    28 de outubro de 2016

    A Universidade de Luxemburgo convida os cidadáns do Gran Ducado a participar nun proxecto que ten como obxectivo a creación dun mapa virtual con fotografías de sinais informativos en diferentes linguas.

    Fonte: Wort

    28 de outubro de 2016

    Un estudo analizou os usos lingüísticos dos cidadáns de Suíza e revelou que case dous terzos fala máis dun idioma unha vez por semana, 38 % usa dous, 19 % tres e 7 % catro ou máis. Despois do alemán e o francés, o inglés é a terceira lingua máis falada.

    Fonte: Swissinfo

    28 de outubro de 2016

    O premio literario Leya, que naceu co obxectivo de distinguir un romance inédito escrito en lingua portuguesa, quedou deserto por vez segunda na súa historia. O xurado declarou que ningunha obra acadara a calidade esixida.

    Fonte: Diário de Notícias

    28 de outubro de 2016

    A nova produción cinematográfica de Disney, Moana, será a primeira longametraxe traducida á lingua tahitiana.

    Fonte: BOL

    28 de outubro de 2016

    O Concello de Santiago de Compostela vai enviarlle á Unión de Cidades de Lingua Portuguesa unha proposta formal de adhesión xa que o seu alcalde considera que pode ser beneficioso para a cidade desde o punto de vista económico.

    Fonte: Mundo Lusíada

    28 de outubro de 2016

    A páxina web Ganbara permitirá acceder á información de máis de 200 películas, 400 profesionais e 50 empresas do sector que producen cine en éuscaro.

    Fonte: Eitb

    28 de outubro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de Camiños na sombra, obra coa que Xián Lois Alcayde Dans se fixo co premio do Concurso Balbino de Relatos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder