Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de outubro de 2016

    O Plan estratéxico de política lingüística 2016-2019 está a ser sometido a participación pública da cidadanía e con el preténdese fomentar a aprendizaxe do éuscaro e impulsar e estender o seu uso social.

    Fonte: Pamplona Actual

    25 de outubro de 2016

    O Portal da Lingua Galega e o Portal Educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20227) publicaron unha nova convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de potenciar o coñecemento do autor homenaxeado o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica.

    25 de outubro de 2016

    LGx15. Ideas para o futuro da lingua é un proxecto impulsado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. A edición deste ano celebrarase o 24 de novembro e nela haberá oito presentacións con argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística.

    Fonte: CTNL

    25 de outubro de 2016

    O encargado da Comisión Europea de levar adiante as negociacións do Brexit, Michel Barnier, anunciou que desexa que estas se leven a cabo exclusivamente en francés. Esta decisión cambiaría a práctica habitual de optar polo inglés para abordar asuntos internacionais no seo da Unión Europea.

    Fonte: Politico

    24 de outubro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o escritor Carlos Labraña na presentación de dúas obras do autor que acolleu a Biblioteca Ánxel Casal.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de outubro de 2016

    O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) foi o escenario da presentación do novo libro de Rosalía Morlán, que leva por título Nas rúas de Compostela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de outubro de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, lembrou o importante labor de Xaime Isla Couto como introdutor da “modernidade e o progreso á cultura e sociedade galegas”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de outubro de 2016

    Os Premios Ari(t)mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesa celebran a súa primeira gala de entrega no compostelán Teatro Principal para recoñecer e afianzar os vínculos lingüísticos e culturais ás dúas beiras do Miño.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de outubro de 2016

    Unha nena rusa de catro anos abraiou o mundo tras demostrar nun concurso de televisión que pode falar sete linguas estranxeiras.

    Fonte: Diário de Notícias

    21 de outubro de 2016

    O secretario executivo da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Murade Murargy, declarou que a aplicación do acordo ortográfico non debería ser unha prioridade e avogou pola comunicación entre todos os lusófonos.

    Fonte: Rede Angola

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder