Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de outubro de 2016

    O Club de Debate, un proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, ten como obxectivo a dinamización lingüística no ámbito educativo a través do fomento da fluidez comunicativa en galego, do pensamento crítico e do respecto pola diversidade de opinións.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de outubro de 2016

    Os equipos deportivos da localidade subscribiron un convenio para aumentar o uso do éuscaro nas sesións de adestramento, nos partidos etc. co apoio do Concello.

    Fonte: En Portugalete

    26 de outubro de 2016

    Ambas as entidades renovaron o acordo de colaboración que ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades conxuntas destinadas á proxección exterior da lingua e da cultura catalás.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    26 de outubro de 2016

    O número de alumnos/as que estuda aragonés pasou de 625 no curso anterior a 782 no actual, o que supón un incremento do 25 %.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    26 de outubro de 2016

    A asemblea xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística optou por disolverse ao non se presentar ninguén para asumir a dirección desta entidade que levaba desde 2009 traballando a prol do galego no ámbito escolar.

    Fonte: Galicia Confidencial

    26 de outubro de 2016

    A asociación Soziolinguistika Kluster será a encargada de estudar a utilización que se fai do éuscaro en Pamplona co obxectivo de avaliar e planificar as políticas lingüísticas municipais.

    Fonte: Noticias de Navarra

    25 de outubro de 2016

    O municipio galés de Wrexham (Wrecsam, en galés) quere desenvolver un programa de cinco anos que ten como obxectivo a promoción do uso do galés no ente municipal.

    Fonte: LocalGov

    25 de outubro de 2016

    Un proxecto apoiado polo Ministerio de Cultura de Colombia quere crear unha tipoloxía dixital para que os indíxenas da etnia wounaan poidan usar a súa lingua nativa no teclado dos ordenadores convencionais.

    Fonte: Terra

    25 de outubro de 2016

    A Mesa pola Normalización Lingüística solicita que a denominada 'cesta de benvida' que entrega a Xunta para os bebés acabados de nacer leve materiais en galego. Por este motivo, a entidade presentou unha proposta de caixa alternativa con produtos nesta lingua como libros infantís, un DVD con nanas ou roupa con frases en galego.

    Fonte: CRTVG

    25 de outubro de 2016

    O Congreso dos Deputados rexeitou que o coñecemento das linguas cooficiais sexa un requisito para os maxistrados, os xuíces e os fiscais da Administración de Xustiza que exercen a súa profesión en Galicia, Cataluña, País Vasco, illas Baleares e Comunidade Valenciana.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder