A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua solicitoulle á Deputación de Pontevedra que nas vindeiras convocatorias mellore as axudas destinadas a concellos e outras entidades para a normalización lingüística.
Fonte: CTNL
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua solicitoulle á Deputación de Pontevedra que nas vindeiras convocatorias mellore as axudas destinadas a concellos e outras entidades para a normalización lingüística.
Fonte: CTNL
A Generalitat subscribirá un convenio co Goberno balear e a Universidade das Illas Baleares para colaborar na realización dunha enquisa sobre coñecementos e usos lingüísticos da poboación do arquipélago.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo os datos dun informe presentado polo Consello da Cultura Galega, dende o ano 2008 as publicacións en galego descenderon un 43,8 %, o que supón máis de mil títulos menos.
Fonte: Galicia Confidencial
Un grupo de parlamentarios do Reino Unido advertiu da necesidade de tomar medidas urxentes para evitar a falta de traballadores competentes en linguas estranxeiras cando o Reino Unido deixe de formar parte da Unión Europea.
Fonte: International Business Times
O novo censo realizado nos EUA revelou que 65 millóns de estadounidenses falan unha lingua diferente ao inglés no ámbito familiar. O árabe, o hindi e o urdú son as linguas que rexistraron un maior incremento.
Fonte: The Daily Caller
A tumba do terror, cómic autoeditado de Juan Carlos Abraldes, supón un traballo pioneiro na banda deseñada galega do xénero do terror.
Fonte: Praza Pública
Con este concurso preténdese enriquecer as letras asturianas, así como dignificar a súa lingua.
Fonte: Asturies.com
CINC, o programa de cinema infantil en catalán, levará a 51 municipios de Cataluña e 2 da Franxa de Aragón un total de 36 películas dobradas nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Para impulsar este concurso, organizado pola empresa E-Monte Solucións, o Concello de Santiago instalou varios photocall en diferentes espazos da cidade para que propietarios/as dos terreos se retraten cos nomes tradicionais dos seus montes. Ademais, tamén está aberto o concurso en liña #TeñoMonte.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Irmandade Xurídica Galega e o Concello de Cangas organizan o acto “Unha lingua de lei” para conmemorar estas primeiras sentenzas en galego ditadas nos xulgados de Cangas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín