Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de outubro de 2016

    O Ourense Film Festival (OUFF) presentou o programa da súa vixésimo primeira edición, onde aposta por unha nova estrutura de contidos con dúas novas seccións competitivas (Iberoamérica e Óperas Primas) e especiais temáticos nos que o cinema galego estará representado por 17 títulos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de outubro de 2016

    No encontro, organizado polo o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Xunta e mais coa Fundación Galicia Empresa, Valentín García incidiu no “beneficio para as empresas de incorporaren accións de promoción do uso social do galego á súa actividade”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de outubro de 2016

    Este estudo analizará a versión en éuscaro do nomenclátor das rúas de Pamplona, co obxectivo de aprobar de forma oficial o rueiro da cidade.

    Fonte: Pamplona Actual

    18 de outubro de 2016

    O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia organiza do 17 ao 23 de outubro a Semana da Lingua Italiana no Mundo. O tema desta nova edición é o italiano e a creatividade.

    Fonte: Libreriamo

    18 de outubro de 2016

    O Parlamento do Reino Unido reuniu todos os servizos en lingua galesa nun único espazo virtual dentro do seu sitio web. A nova páxina virtual chámase "Y Gornel Gymraeg" (O recuncho galés).

    Fonte: BBC

    18 de outubro de 2016

    O concurso PanxoliñaZAS ten o obxectivo de promover o uso do galego nos espazos lúdicos e festivos do Nadal mediante a creación de vídeos de panxoliñas en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de outubro de 2016

    Esta será a terceira edición do festival do cómic vasco, onde organizarán talleres monográficos, proxeccións de cine, novidades editoriais e unha feira de cómics en éuscaro.

    Fonte: Deia

    17 de outubro de 2016

    O ministro de Educación de Portugal, Tiago Brandão, reuniuse cos conselleiros das Comunidades Portuguesas para debater o peso que a lingua portuguesa debe ter no ensino público e privado da Rexión Administrativa Especial de Macau. No encontro, salientouse a necesidade dunha maior divulgación do portugués.

    Fonte: Ponto Final

    17 de outubro de 2016

    A Cámara dos Deputados de México aprobou unha iniciativa que permitirá que os deputados falen linguas indíxenas na Cámara dos Deputados. A medida prevé a interpretación simultánea dos discursos que se pronuncien en tribuna.

    Fonte: 24 horas

    17 de outubro de 2016

    Como cada ano, a festa de apoio ás ikastolas navarras reuniu a miles de persoas, entre elas, a presidenta do Goberno foral.

    Fonte: El Día

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder