O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa da Cultura do Carballiño no acto inaugural das Xornadas Monográficas de Arquitectura, dedicadas a Daniel Vázquez Gulías.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa da Cultura do Carballiño no acto inaugural das Xornadas Monográficas de Arquitectura, dedicadas a Daniel Vázquez Gulías.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Este dato supón un aumento do número de falantes adultos da lingua nun 10 % nos últimos 25 anos. Ademais, un 19,1 % son falantes de vasco pasivos e o 47,7 % restante, castelanfalantes monolingües.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A partir do ano lectivo 2017/18, o Instituto Politécnico de Macau ofrecerá a licenciatura en lingua portuguesa e tradución.
Fonte: Observador
O Instituto Confucio comprometeuse a duplicar o número de profesores que destina a Portugal para fortalecer o ensino do chinés mandarín nas escolas.
Fonte: Diário de Notícias
A partir de agora os usuarios de Skype poderán traducir conversas en tempo real á lingua rusa por medio da súa ferramenta de tradución automática Skype Translator.
Fonte: Tudocelular
O Goberno británico publicou un cuestionario escolar que separaba a lingua italiana e outras dúas variedades do sur de Italia: o napolitano e o siciliano. Aínda que o obxectivo era garantir un bo ensino da lingua inglesa en función da orixe do alumnado, o formulario deu lugar a un conflito diplomático entre Reino Unido e Italia.
Fonte: Repubblica
O Concello de Palma obrigará as empresas contratistas a entregar toda a documentación técnica, polo menos, en catalán e a empregala nos rótulos, publicacións, avisos e outras comunicacións derivadas do contrato.
Fonte: Última Hora
O Centro Sociocultural da Rocha Vella acolleu a presentación compostelá do volume Conversas con Manuel María, “unha obra que nos permite afondar na figura comprometida do autor desde as súas múltiples facetas como escritor, editor, activista cultural e político ou viaxeiro”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou na sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) o novo manual práctico de fraseoloxía galega ‘Para dar trela’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O programa de dinamización lingüística 'FalaRedes' leva ao concello coruñés de Miño a nova actividade 'O rueiro das liortas'. A nova proposta escénica chega da man da compañía Elefante Elegante.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín