Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xullo de 2016

    O castelo de Soutomaior foi o escenario da entrega dos premios "Lois Peña Novo", uns galardóns xa consolidados ao longo dos seus vinte e dous anos de historia e que seguen fieis ás súas orixes de promover e modernizar a lingua galega. Na edición deste ano, os premiados foron os profesores Francisco Díaz-Fierros e Xosé Manuel Cid Fernández e o Concello de Brión.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xullo de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de investidura da Asociación Galego-Portuguesa de Educación pola Paz, da Eurocidade Tui-Valença e do dúo musical 2naFronteira como novos xuíces honorarios do Couto Mixto.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xullo de 2016

    A exposición “O catalán tamén é de lei” celebrarase nos xulgados de Reus impulsada pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña, co obxectivo de promover o emprego do catalán no ámbito xudicial.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    05 de xullo de 2016

    A Asociación Cultural Nogará-Religada esixe por parte do Concello de Zaragoza un maior emprego do aragonés nos medios de difusión e unha maior sensibilización e difusión da lingua mediante campañas, actividades culturais e outras accións.

    Fonte: AraInfo

    04 de xullo de 2016

    A maior rede social do mundo anunciou a introdución dunha nova ferramenta que permitirá traducir unha mensaxe a diferentes linguas.

    Fonte: NDTV

    04 de xullo de 2016

    Nova Zelandia celebra a te Reo Maori, ou semana da lingua maorí. Máis de 4000 persoas participaron no acto inaugural da iniciativa que reivindica os dereitos lingüísticos dos falantes deste idioma polinesio.

    Fonte: Staff

    04 de xullo de 2016

    A XXIX edición dos cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras", organizados pola Real Academia Galega (RAG) coa colaboración do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, dá a benvida a alumnos e alumnas dun total de 17 países.

    04 de xullo de 2016

    A Real Academia Galega (RAG) eliminou o termo mongolismo do seu dicionario e limitou as acepcións do termo mongólico co obxectivo de convertelo nunha ferramenta máis politicamente correcta coas persoas con síndrome de Down.

    Fonte: Praza Pública

    04 de xullo de 2016

    O 1 de xullo de 1916 redactaron a primeira acta en catalán. Dende ese momento, o catalán converteuse no idioma oficial do club para documentos internos, actas de xuntas, listado de socios, estatutos, etc.

    Fonte: El Periódico

    04 de xullo de 2016

    Esta porcentaxe supón un descenso de 2,4 puntos fronte ao ano anterior. Segundo os datos da Universidade das Illas Baleares, o 10,5 % do alumnado non respondeu ningún exame en catalán, o 33,3 % respondeu todos en catalán e o 56,2 % fixo algúns en catalán e outros en castelán.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder