Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xuño de 2016

    O Pleno de Bimenes declara o asturiano como lingua oficial do concello. Esta declaración realizarase na Semana da Oficialidade, unha semana de celebracións referentes á lingua asturiana.

    Fonte: Asturies

    28 de xuño de 2016

    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou un adianto do novo portal oficial de Toponimia de Galicia (toponimia.xunta.gal), un web que será actualizado baixo a colaboración de diversos organismos para a renovación desta ferramenta e para a publicación dunha nova edición do Nomenclátor da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de xuño de 2016

    Escocia está facendo esforzos para incrementar e liderar internacionalmente a provisión de servizos en lingua de signos, tal como demostra a nova oferta educativa de ensino superior da Universidade de Heriot-Watt en Edimburgo. Actualmente este centro de ensino ofrece un grao, un mestrado e un doutoramento en diferentes variedades desta lingua.

    Fonte: Herald Scotland

    28 de xuño de 2016

    Un grupo de investigadores da Universidade Federal de Río Grande do Sur (Brasil) está facendo traballos de documentación para transformar o dialecto de orixe xermánica hunsriqueano en lingua brasileira de emigración.

    Fonte: Pioneiro

    27 de xuño de 2016

    Unha vez analizados os resultados do referendo do Reino Unido, dous políticos franceses de diferente ideoloxía manifestáronse a favor de que o inglés deixe de ser lingua oficial das institucións europeas.

    Fonte: RTP

    27 de xuño de 2016

    Un grupo de investigadores dunha universidade británica e dúas suízas mostraron a distribución e evolución das falas dialectais do Reino Unido por medio de datos extraídos dunha aplicación móbil.

    Fonte: PSFK

    27 de xuño de 2016

    Esta ópera comezouse a escribir en 2010 partindo dun relato da escritora Elena Chazal. A música está composta por Aurelio Bardaxí e o grupo de canto da escola municipal de música de Graus será o encargado da súa representación.

    Fonte: AraInfo

    27 de xuño de 2016

    A nova Lei de turismo aprobarase a finais do mes de xullo no Parlamento vasco coa introdución do emprego do éuscaro como requisito para que os hoteis accedan a mellores categorías.

    Fonte: El Diario Vasco

    27 de xuño de 2016

    Os Riazor Blues, a Federación de Peñas Deportivistas e o colectivo Old Faces lanzaron unha campaña demandando o uso do topónimo A Coruña no escudo do equipo. Están recollendo firmas para apoiar a súa solicitude.

    Fonte: Sermos Galiza

    27 de xuño de 2016

    O Diario Oficial de Galicia publicou a ORDE do 4 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) e se procede á súa convocatoria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder