O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na sede do Consello da Cultura Galega nun encontro coa escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón arredor das relacións Brasil-Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na sede do Consello da Cultura Galega nun encontro coa escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón arredor das relacións Brasil-Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Esta titulación, o Diploma de Especialización en Filoloxía Aragonesa, acollerá máis de vinte estudantes que se formarán en competencias comunicativas, orais e escritas en aragonés.
Fonte: Radio Huesca
O municipio alentexano de Almodôvar organiza o festival "Escritas do Sul" co que pretende promover a lingua portuguesa por medio de conferencias, obradoiros e outras iniciativas ao longo de cinco días.
Fonte: Sulinformação
Organizacións a favor da lingua serbia de Montenegro defenden que o Ministerio de Educación de Montenegro é partidario dunha imposición do montenegrino e do alfabeto latino nas escolas.
Fonte: Balkan Insight
A CIG-Ensino denuncia que as modificacións introducidas coa LOMCE significarán unha redución das horas impartidas en lingua galega.
Fonte: Sermos Galiza
A rede de entidades "Enllaçades per la llengua" reclámalle ao Goberno valenciano que aprobe unha lei de igualdade lingüística para que os falantes de lingua valenciana teñan os mesmos dereitos que os castelanfalantes.
Fonte: Cadena Ser
O novo espectáculo teatral de Elefante Elegante, dirixido a todos os públicos desde os oito anos, chegará en exclusiva a dez localidades da Rede ata finais de novembro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Esta nova proposta de ortografía do catalán ten como principais cambios a redución das palabras con acento diacrítico e a perda do acento dos compostos e derivados destes.
Fonte: El País
Este proxecto, promovido polo Clúster de Sociolingüística, ten como obxectivo crear unha rede de cooperación para facilitar e mellorar a comunicación pública en éuscaro.
Fonte: Eitb
O primeiro ministro de Timor Leste, Rui Maria de Araújo, quere converter o portugués na primeira lingua máis falada do país asiático. Actualmente o tetún é o idioma principal do país.
Fonte: Agência Brasil
Subscríbase ao boletín