Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de setembro de 2016

    O profesor de lingua galega e literatura Daniel Asorey Vidal fíxose co X Premio de Narrativa Breve Repsol, que promoven conxuntamente a Xunta de Galicia e a Fundación Repsol, coa obra Nordeste.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de setembro de 2016

    Unha asociación de estudantes de ensino secundario de Finlandia declarou que o estudo da lingua rusa é cada vez máis popular mentres que decae o interese polas linguas europeas.

    Fonte: Sputniknews

    29 de setembro de 2016

    O Festival Literario Internacional de Óbidos (Portugal) ten como obxectivo promover a edición de obras de autores que escriban en portugués.

    Fonte: Oeste Global

    28 de setembro de 2016

    A creación da Cátedra Galicia-América enmárcase no programa Lectura Mundi da Universidade Nacional de San Martín (Arxentina) e ten como obxectivo desenvolver a investigación e a divulgación da cultura galega, con especial fincapé na literatura e no ensino da lingua.

    28 de setembro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a escritora e profesora Irene del Río Iglesias na presentación da obra María Muñoz de Quevedo, a Escola Coral Cubana.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de setembro de 2016

    A organización informa de que diversos medios de comunicación utilizaron topónimos galegos deturpados con motivo da publicación dos resultados electorais das eleccións autonómicas.

    Fonte: Sermos Galiza

    28 de setembro de 2016

    A creación deste premio por parte da Academia da Lingua Asturiana permitirá recoñecer o labor normalizador da creación literaria en asturiano.

    Fonte: La Nueva España

    28 de setembro de 2016

    Un convenio entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas de Galicia, País Vasco, Cataluña e Valencia permitirá elaborar as probas de acceso á avogacía nestes idiomas.

    Fonte: Europa Press

    27 de setembro de 2016

    O Goberno portugués comprométese a reforzar a importancia da lingua portuguesa en todo o mundo por medio da promoción do seu ensino e o fortalecemento do Insttituto Internacional da Lingua Portuguesa.

    Fonte: SAPO

    27 de setembro de 2016

    O Instituto Camões e a editorial Porto Editora asinaron un acordo para crear a plataforma "Portugal mais Perto" que permitirá apoiar a aprendizaxe e o ensino do portugués nas comunidades portuguesas do estranxeiro.

    Fonte: Portugal Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder