Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de xuño de 2016

    En Aragón celebrouse o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Esta celebración adoptouse en 2014 no Consello de Ministros e dende entón ten lugar todos os anos o 14 de xuño. A Agrupación de Persoas Xordas de Zaragoza e Aragón organizou diversas actividades con motivo da conmemoración.

    Fonte: Discapnet

    14 de xuño de 2016

    Na maioría da publicidade en España existe un emprego excesivo de terminoloxía inglesa en lugar de empregar o seu equivalente en español. Esta práctica abre un debate sobre que se pode facer para evitar o uso excesivo de palabras inglesas que substitúen palabras que xa existen en español.

    Fonte: El País

    14 de xuño de 2016

    A Fundación Xosé Neira Vilas presentou na súa sede, en Gres, Galicia, nosa ledicia, obra póstuma do escritor e académico da lingua galega falecido en novembro de 2015. Trátase dun fermoso álbum con versos da súa autoría e ilustracións de Dani Viéitez e Iria Iglesias, que dá ao prelo a ferrolá Edicións Embora, no que o autor repasa a historia de Galicia nun formato totalmente visual e pedagóxico, con palabras pensadas para achegarlla, sobre todo, á xente miúda.

    13 de xuño de 2016

    Entre as propostas aprobadas na súa asemblea anual, a Asociación de Farmacéuticos Euscaldúns (FEUSE) estableceu a posta en marcha de iniciativas para impulsar a presenza e a utilización do éuscaro nas boticas.

    Fonte: Su Nota de Prensa

    13 de xuño de 2016

    Con motivo da súa visita a París para celebrar o 10 de xuño, Día das Comunidades Portuguesas, o primeiro ministro de Portugal, António Costa, defendeu a necesidade de promover e incrementar a presenza do portugués en Francia e anunciou a posibilidade de que docentes portugueses poidan atopar traballo como formadores desta lingua no país galo.

    Fonte: Renascença

    13 de xuño de 2016

    O presidente de Timor Leste, Adérito Hugo da Costa, defendeu a importancia de aproveitar as vantaxes e os intereses económicos de aprender portugués e declarou que o país debe multiplicar por dous ou tres o número de formadores nesta lingua.

    Fonte: RTP Notícias

    13 de xuño de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Casa da Xuventude de Curtis no acto de entrega do Certame de Narración Curta, centrado nesta décimo primeira edición na temática das 'Supermulleres e Superheroínas'.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de xuño de 2016

    O pasado xoves celebrouse a primeira sesión relativa ao Plan Estratéxico do Éuscaro, cuxo obxectivo é a elaboración dun diagnóstico completo e actualizado da situación desta lingua en Navarra. Neste plan participarán varios departamentos do Goberno de Navarra, institucións públicas e diversos organismos sociais.

    Fonte: El Diario

    13 de xuño de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou a factoría de Clesa en Caldas de Reis, desde onde convidou o tecido empresarial galego a unir forzas coa Xunta para impulsar o uso da lingua propia de Galicia en todos os ámbitos da sociedade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de xuño de 2016

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recorda que esta semana rematan os prazos fixados polas diferentes convocatorias de prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas que publicou a Secretaría Xeral de Política Lingüística o pasado mes de maio para renovar 12 dos centros de estudos galegos da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder