Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xuño de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, acudiu á Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia á entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec.Curta.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de xuño de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe a Manuel Banet Fontenla, notario e fundador das Irmandades da Fala.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de xuño de 2016

    A Unión Europea quere contratar nos próximos anos un total de 180 lingüistas de gaélico irlandés para diferentes postos en oficinas de Bruxelas e Luxemburgo. As institucións europeas anunciaron xa un proceso selectivo para escoller os 62 primeiros tradutores que falen esta lingua.

    Fonte: Business World

    10 de xuño de 2016

    O ministro de Educación de Timor Leste, António da Conceição, defendeu a necesidade de eliminar a percepción que existe no país de que o portugués é un idioma difícil de aprender, cando unha parte importante do vocabulario que se usa en tetún provén desta lingua. O ministro declarou ademais que é necesario facer máis no mundo para a promoción e a internacionalización da lingua portuguesa.

    Fonte: Observador

    10 de xuño de 2016

    Vinte editoriais que publican en lingua bretoa puxéronse de acordo para crear unha plataforma unitaria na rede. O novo sitio levará o nome de Lenn (ler, en bretón) e pretende ser unha ferramenta de promoción e expansión desta lingua celta que conta con 210 000 falantes.

    Fonte: Sermos Galiza

    10 de xuño de 2016

    Os representantes da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN, polas súas siglas en inglés) expuxeron no Consello Económico e Social das Nacións Unidas en Xenebra a cuestión da discriminación que sofren os falantes de linguas rexionais en Francia.

    Fonte: Le Télégramme

    10 de xuño de 2016

    A empresa de alimentación e bebidas Natrus recibiu este recoñecemento, no marco do Premi Jove Empresari, pola súa promoción do uso do catalán como unha ferramenta de mellora cualitativa.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    10 de xuño de 2016

    O estudo Ofercat 2015 analiza nuns 400 comercios tarraconenses principalmente a rotulación e a lingua de atención á clientela.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    09 de xuño de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, inaugurou no Consello da Cultura Galega a XI Xornada Científica Realiter. Terminoloxía e Normalización, onde destacou o papel da terminoloxía para que unha lingua sexa útil e empregable en calquera ámbito da vida.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de xuño de 2016

    A fin de semana preséntase especialmente intensa no tocante á programación de actividades do FalaRedes na provincia de Pontevedra: A Estrada, Redondela, O Porriño, Cangas, Mondariz-Balneario, Moaña e O Grove acollen o sábado e o domingo sete actividades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder