A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) iniciou unha batalla legal para que o galés se poida impartir como primeira lingua en todas as escolas do País de Gales.
Fonte: Daily Post
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) iniciou unha batalla legal para que o galés se poida impartir como primeira lingua en todas as escolas do País de Gales.
Fonte: Daily Post
Defensores da etnia yaaku en Kenya desenvolverán iniciativas que permitirá introducir o ensino da lingua yaaku nas escolas da comunidade local e garantir a súa preservación.
Fonte: Quartz
Este curso ten como obxectivo ampliar o coñecemento da lingua, aprendendo léxico ou fraseoloxía relacionados coa auga salgada.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Algunhas das devanditas propostas son universalizar o coñecemento da lingua, garantir un sistema educativo en éuscaro ou facilitarlles a aprendizaxe do idioma aos adultos de forma gratuíta.
Fonte: Diario Vasco
O proxecto de diversidade lingüística e cultural entre nacións atlánticas tivo como protagonistas artistas que traballan con linguas como o galego, o vasco ou o irlandés.
Fonte: Sermos Galiza
A xornada “Responsabilidade social corporativa en galego”, organizada polo Consello da Cultura Galega, celebrarase o 18 de outubro en Santiago de Compostela.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Algunhas organizacións sindicais defenden que demandarlles atención en galego aos servizos de atención telefónica podería contribuír a frear o proceso de deslocalización que sofre este sector en Galicia.
Fonte: CRTVG
O Concello de Valencia proponse reforzar o ensino do valenciano para o persoal municipal. Para iso contará por primeira vez cun programa de voluntariado, un proxecto de participación lingüística co que se porán en contacto persoas voluntarias falantes de valenciano con outras persoas que queiran aprender esta lingua ou perfeccionala.
Fonte: Valencia Noticias
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso, que declara o galego como idioma oficial deste consistorio.
Fonte: CTNL
A axencia de noticias Lusa está ultimando a creación dunha nova ferramenta en liña en portugués, o Portal Dixital para a Información en Lingua Portuguesa.
Fonte: Dnoticias
Subscríbase ao boletín