O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación do libro Contos vellos para rapaces novos de Xosé Neira Vilas.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación do libro Contos vellos para rapaces novos de Xosé Neira Vilas.
Fonte: Xunta de Galicia
O informe ¿Y a partir de ahora qué? sinala que en 2036 case a metade da poboación total de Euskadi será vascofalante; un 16,7 %, vascofalante pasivo; e un 33,8%, castelanfalante.
Fonte: El Diario
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a resolución das axudas para os proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino non universitario de titularidade pública, para o curso escolar 2015/2016.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un estudo realizado pola agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg revela que a maior parte dos municipios do País de Gales incumpre a súa obriga de ofrecer actividades deportivas e de lecer en galés.
Fonte: LocalGov
O comisario de Linguas Oficiais do Canadá, Graham Fraser, declarou que a compañía aérea Air Canada continúa sen cumprir a lei que rexe o uso das dúas linguas oficiais do Canadá: o francés e o inglés.
Fonte: Ottawa Citizen
A Fundación Lois Peña Novo rendeulle homenaxe ao académico Xosé Luís Franco Grande, autor dun dicionario que nos anos 70 se converteu nunha ferramenta esencial para a normalización do galego.
Fonte: RAG
Peixos é a primeira serie en lingua de signos catalá e conta xa con cinco capítulos de 10 minutos de duración cada un na súa canle de Youtube.
Fonte: El Periódico
A I Campaña de matriculación na materia de Lingua Asturiana para o curso 2016/2017 está destinada ao alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato.
Fonte: El Comercio
A Academia das Ciencias de Lisboa está a traballar nunha nova versión dixital do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa. Esta nova base de datos será de acceso totalmente gratuíto.
Nun encontro co presidente cubano Raúl Castro, o primeiro ministro de Xamaica, Andrew Holness, manifestouse conforme a declarar o español segunda lingua oficial do país caribeño.
Fonte: Jamaica Observer
Subscríbase ao boletín