Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de setembro de 2016

    A canadense Erín Moure foi a encargada da realización da tradución desta obra de Rosalía de Castro ao inglés baixo o título New Leaves.

    Fonte: Culturagalega.org

    09 de setembro de 2016

    O obradoiro de lingua e cultura "En galego, co teu acento" ofrece 40 prazas destinadas, principalmente, á elevada porcentaxe de poboación chegada de fóra de Galicia ao municipio de Ames.

    Fonte: Concello de Ames

    09 de setembro de 2016

    Das 3107 persoas que se presentaron ás probas oficiais de lingua catalá da Dirección Xeral de Política Lingüística aprobáronas un total de 1984.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    09 de setembro de 2016

    Catro municipios de Escocia desenvolverán un proxecto de aprendizaxe da lingua inglesa para refuxiados procedentes de Siria. O obxectivo é ofrecerlles un espazo para practicar a lingua e potenciar así a súa integración.

    Fonte: BBC

    09 de setembro de 2016

    A cidade chinesa de Macau abre o novo curso académico nas escolas cun obxectivo: fomentar o ensino do portugués.

    Fonte: Ponto Final

    09 de setembro de 2016

    O premio Guillem Nicolau galardoará escritores aragoneses en lingua catalá. Este premio, unido ao creado en abril (premio Desideri Lombarte) para galardoar as persoas que promovan o catalán, formalizan a aposta do Goberno pola promoción desta lingua.

    Fonte: ABC

    08 de setembro de 2016

    A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, incrementa nos días previos ao comezo do curso escolar a difusión dunha campaña para concienciar as familias das comarcas leonesas do Bierzo e de Sanabria das vantaxes do ensino bilingüe en galego e castelán.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de setembro de 2016

    O Instituto Cervantes, que conta con 76 sedes en todo o mundo, ampliará desde este ano as súas accións de proxección internacional da lingua galega en colaboración coa Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de setembro de 2016

    Un investigador da Universidade de Melbourne (Australia) revelou que Shakespeare non acuñou moitas das expresións que o dicionario Oxford da lingua inglesa lle atribúe como propias.

    Fonte: The Guardian

    08 de setembro de 2016

    A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg demandoulle ao Goberno do País de Gales que destine diñeiro público a fomentar o retorno do profesorado de lingua galesa que vive fóra do país para que axuden a acadar o obxectivo do millón de falantes para 2050.

    Fonte: Wales Online

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder