As tres propostas de dinamización lingüística impulsadas desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) no marco do 'Galicia culturea. Cultura e lingua no verán', da Consellería de Cultura e Educación, despediron a primeiros deste mes o programa, logo de seis semanas nos carteis das principais festas e programacións de verán dun total de 59 concellos.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O estudo realizado por unha profesora da Universidade de Vigo analiza a relación dos galeguismos e castelanismos co galego estándar.
Fonte: Galicia Confidencial
Esta comarca de Huesca solicitoulle ao Goberno de Aragón que declare o territorio como zona de utilización histórica da lingua aragonesa, pois esa é a lingua tradicional dos municipios da comarca.
Fonte: El Periódico de Aragón
O novo curso no País Vasco terá un total de 373 117 alumnos, dos cales o 65 % estudará completamente en éuscaro. No caso das novas incorporacións (nenos de 3 a 5 anos) a porcentaxe sobe ao 77,8 %.
Fonte: El Diario
Estas subvencións están destinadas aos alumnos dos euskaltegis no curso 2016–2017, co obxectivo de animar a aprender o idioma aos cidadáns que non o coñecen.
Fonte: Diario Vasco
O rexistro CLDR (Common Locale Data Repository) xa ten na súa base de datos o asturiano, coa información necesaria para o seu emprego en aplicacións informáticas.
Fonte: La Voz de Asturias
A Academia da Lingua Guaraní oficializará nun acto público catro regras que permitirán normativizar aspectos gramaticais como o alfabeto e a acentuación.
Fonte: La Nación
A escola primaria Dom Diogo de Sousa de Braga (Portugal) participa nun proxecto piloto que pretende introducir o ensino do latín como lingua estranxeira viva.
Fonte: Correio do Minho
O Goberno vasco inviste un total de 29,8 millóns de euros para o financiamento dos euskaltegis durante o curso 2016-2017.
Fonte: El Diario
O convenio asinado permitirá que se realicen en lingua galega as probas de acceso ás profesións de avogado e de procurador, que ata o momento só se podían facer en castelán.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín
