A Mesa pola Normalización Lingüística fíxolles seis propostas aos principais partidos políticos para favorecer a difusión da lingua galega.
Fonte: Praza Pública
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Mesa pola Normalización Lingüística fíxolles seis propostas aos principais partidos políticos para favorecer a difusión da lingua galega.
Fonte: Praza Pública
Este festival ten como protagonista a diversidade lingüística e cultural, representada coas linguas e culturas de Irlanda, Gales, Escocia, Cornualles, Frisia, Galicia e País Vasco.
Fonte: Cultura Galega
A canle pública da televisión británica Channel 4 emitirá o primeiro anuncio en lingua de signos. O espazo televisivo de 30 segundos de duración emitirase inicialmente sen subtítulos.
Fonte: The Guardian
O secretario de Educación de Escocia, John Swinney, declarou que o Goberno escocés vai estudar a introdución do polaco no currículo escolar.
Fonte: Herald Scotland
Segundo o conselleiro de Educación, o ensino do leonés non se levará ás aulas por carecer de demanda entre os estudantes.
Fonte: La Vanguardia
Este curso está dirixido a graduados e licenciados en Humanidades que desexen mellorar as súas capacidades para dar clases de éuscaro no estranxeiro.
Fonte: País Vasco en el Mundo
Os últimos datos achegados pola Federación de Gremios de Editores mostran que a edición de libros en catalán aumentou de 10 272 libros en 2014 a 11 348 en 2015.
Fonte: El Nacional
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do premio 'Celanova, casa dos poetas', que chega con esta á súa XXXII edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Congreso celebrouse co obxectivo de presentar experiencias dos e das docentes de Educación Secundaria Obrigatoria en canto ao uso do galego no currículo educativo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
José Luís Carneiro, secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, anunciou que Portugal vai crear unha plataforma dixital que permitirá mellorar e fortalecer o ensino da lingua portuguesa dos fillos de emigrantes transitorios.
Fonte: Luxemburger Wort
Subscríbase ao boletín