Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de maio de 2016

    Ambas as institucións financiarán os programas da Fundación Labayru dedicados ao estudo e ao impulso da lexicografía do éuscaro biscaíño.

    Fonte: ABC

    24 de maio de 2016

    A Deputación da Coruña, que é quen convoca o Torrente Ballester, introduciu como novidade nesta edición un premio específico en lingua galega cuxa dotación é de 25 000 euros.

    Fonte: Cadena Ser

    24 de maio de 2016

    A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle o acto de presentación en Galicia do Protocolo internacional de garantía de dereitos lingüísticos, un documento elaborado no marco de "Donostia 2016". O acto está organizado pola propia USC e pola Mesa pola Normalización Lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de maio de 2016

    O autor da tese, Rayco González, considera fundamental que se traslade a formación dos e das intérpretes de lingua de signos ao ámbito universitario.

    Fonte: Universidade de Vigo

    24 de maio de 2016

    Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, visitaron a exposición 'Manuel María: loita e poesía'.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2016

    O embaixador de Guinea Ecuatorial en Luanda, José Akeny, pediu apoio a Angola para o ensino e implantación do portugués no país.

    Fonte: Sapo

    23 de maio de 2016

    A empresa de xeados Kelly's emitirá en dúas canles de televisión británicas o primeiro anuncio publicitario en lingua córnica.

    Fonte: The Guardian

    23 de maio de 2016

    A Comunidade destina 110 000 euros a axudas que poderán solicitarse ata o vindeiro 8 de xuño.

    Fonte: eldiario.es

    23 de maio de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de entrega dos premios Pedrón de Ouro e de Honra ao Coro Galego Cántigas da Terra da Coruña e á filóloga Carmen Mejía.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de maio de 2016

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Coca-Cola Iberians Partners entregaron os premios da 8ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto, unha iniciativa que convocan conxuntamente no marco do seu acordo de colaboración cos obxectivos de promover as destrezas lingüísticas de expresión e comprensión escrita do galego e de incentivar a creatividade da mocidade na lingua propia de Galicia.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder