Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de maio de 2016

    Un convenio de colaboración entre as tres institucións servirá para coordinar diferentes actuacións encamiñadas á normalización do valenciano.

    Fonte: La Vanguardia

    19 de maio de 2016

    A Consellería de Cultura e Educación leva esta fin de semana aos concellos de Ponteceso, A Cañiza, Dodro, Cambados, Ferrol e Cotobade as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes'.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de maio de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na sede da Fundación Casa-Museo A Solaina de Piloño ao acto co que esta entidade conmemora as Letras Galegas 2016 en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de maio de 2016

    Como novidade, o tradutor automático do Goberno vasco incorpora o éuscaro-inglés, co que xa son catro as combinacións dispoñibles desta ferramenta.

    Fonte: El Diario Vasco

    19 de maio de 2016

    A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) resultou premiada pola iniciativa Twitter en Galego pola promoción e bo uso da lingua galega nesta rede social a través da conta @crtvg. As outras dúas contas finalistas nesta segunda edición do premio foron @quenchedera e @cantoghalpon.

    Fonte: Galicia Confidencial

    19 de maio de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, salientou o carácter integrador da actividade que realizaron as Irmandades da Fala na defensa “da nosa lingua e cultura sen excluír a ninguén. Sendo integradores, aproveitando o que une a todos os galegos, en lugar de centrarse nas diferenzas”, explicou.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2016

    O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2016.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2016

    O correo corporativo da Xunta de Galicia emprega o dominio galego en internet. Coincidindo co Día das Letras Galegas e de Internet a Xunta cumpre outros dos fitos previstos na adopción do .gal como dominio de referencia da súa presenza na Rede.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no IES Rosalía de Castro na apertura da exposición 'Celebrando a Manuel María'.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2016

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o Día das Letras Galegas no Gaiás cunha homenaxe cidadá a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións e ata un obradoiro de rap.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder