Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de agosto de 2016

    No libro titulado El plaer de llegir literatura catalana o filólogo alemán recompila varios ensaios nos que intenta descubrir como os narradores ou poetas conseguen a atención dos lectores.

    Fonte: La Vanguardia

    17 de agosto de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística e o alcalde de Silleda presentaron o espectáculo ‘Palabras Máxicas’, a nova proposta do ‘Galicia culturea’ coa que o mago Dani García abrirá os festexos.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de agosto de 2016

    Dos 963 nenos matriculados nas escolas infantís de Pamplona, 364 recibirán a formación en éuscaro, 354 en castelán e 245 en castelán e inglés.

    Fonte: Eitb

    17 de agosto de 2016

    A Universidade Asturiana de Branu finalizou o sétimo curso de inmersión lingüística en asturiano en Cangas de Narcea, cun resultado que consideran que cumpriu os obxectivos marcados.

    Fonte: La Nueva España

    17 de agosto de 2016

    Grazas á sinatura dun protocolo coa Fundación Xapón, fomentarase o ensino e a aprendizaxe da lingua xaponesa nas escolas do estado e a formación do profesorado.

    Fonte: Secretaria da Educação do Estado de São Paulo

    17 de agosto de 2016

    Un grupo de investigadores estadounidense está a estudar a situación do quechua na poboación ecuatoriana de Salasaka. A través da realización de entrevistas analizan aspectos como a súa vitalidade e vixencia ou a convivencia co español.

    Fonte: El Comercio

    17 de agosto de 2016

    Soamente o 10,8 % dos funcionarios bolivianos sabe un idioma nativo, malia de que o prazo para que o aprendan finalizou hai un ano.

    Fonte: La Razón

    12 de agosto de 2016

    Nun artigo publicado na revista Estudios de Lingüística Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Cristina González Abelaira, profesora da USC, denuncia que a lingua galega de signos está condenada a desaparecer por falta de apoio.

    Fonte: Galicia Confidencial

    12 de agosto de 2016

    Os candidatos deben ser “efectivamente bilingües”, o que significa que teñen que comprender francés a nivel oral e escrito sen necesidade de intérprete, pero non se require que saiban expresarse tamén nesta lingua.

    Fonte: ICI

    12 de agosto de 2016

    O francés estase a empregar moi pouco na edición das olimpíadas deste ano en Río, malia que é, xunto co inglés, unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos.

    Fonte: Le Figaro

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder