Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de agosto de 2016

    O Diccionario Básico del Idioma Mapuche preséntase no municipio arxentino de Quilmes o 19 de agosto.

    Fonte: Perspectiva Sur

    19 de agosto de 2016

    Estes talleres, organizados polo Servizo de Normalización Lingüística e a Consellería de Cultura de Redondela, divulgarán o patrimonio arquitectónico da localidade entre os máis cativos.

    Fonte: Servizo de Normalización Lingüística de Redondela

    18 de agosto de 2016

    Un total de 24 estudantes procedentes de once países diferentes están en Barcelona para aprender catalán nun curso organizado polo Instituto Ramon Llull e a Universidade de Barcelona.

    Fonte: El Punt Avui

    18 de agosto de 2016

    O curso organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes diríxese a aquelas persoas que queiran adquirir competencias básicas en lingua galega.

    Fonte: El Ideal Gallego

    18 de agosto de 2016

    O organismo de cultura das illas Baleares colaborará nesta edición da Universidade Catalá de Verán coa proxección dun documental sobre normalización lingüística en Baleares e coa participación en diversos debates.

    Fonte: 20 minutos

    18 de agosto de 2016

    O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se conceden axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, á que se destinan 170 000 euros.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de agosto de 2016

    A Universidade Nacional Maior de San Marcos, en Lima, acollerá o VI Foro cultural, o jaqaru: lingua e cultura (pasado, presente e futuro), no que participarán lingüistas, historiadores e arqueólogos.

    Fonte: Andina

    18 de agosto de 2016

    O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convoca unha nova edición das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, neste ano de 2016.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de agosto de 2016

    A enquisa foi realizada entre un total de 1700 persoas representativas da poboación e achega diversas conclusións sobre o emprego e o coñecemento do catalán na zona.

    Fonte: La Vanguardia

    17 de agosto de 2016

    O Instituto de Estudios Baleares promoverá a literatura e a lingua catalá nun espazo compartido xunto co Instituto Ramon Llull na Feira do Libro de Frankfurt.

    Fonte: Última Hora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder