Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de agosto de 2016

    A edición 2016 do Festival Beatleweek, herdeiro do fenómeno coñecido como “Beatlemanía”, cantará por primeira vez Os Beatles na lingua propia de Galicia da man do grupo The Funkles.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de agosto de 2016

    A base de datos SCOPUS sitúa o persa como un dos idiomas científicos a nivel internacional, xa que en 2015 ascendeu dous postos respecto a 2014 e colocouse en décimo quinto lugar no mundo.

    Fonte: ParsToday

    11 de agosto de 2016

    'O galego campa!', o programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, chegou á súa fin tras promover o uso do galego entre 1479 rapaces asistentes a 17 campamentos da Acción de Verán 2016 da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de agosto de 2016

    O número de inscritos en xaneiro foi de 3484, cun total de 751 persoas aptas. Por outra parte, en maio foi de 3955, cun total de 1240 aprobados.

    Fonte: Última Hora

    10 de agosto de 2016

    A xornada “Habla Serradilla” terá como obxectivo promover esta variante lingüística baseada no astur-leonés, a cal aínda ten vixencia na localidade estremeña.

    Fonte: El Diario

    10 de agosto de 2016

    Malia que na práctica hai quen a considera unha lingua morta, o certo é que aínda existen persoas en Baixa California (México) que a falan.

    Fonte: RT

    10 de agosto de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Valga á actividade de dinamización lingüística ‘Contos vellos para rapaces novos’, unha homenaxe a Xosé Neira Vilas que este verán se desenvolve en 24 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de agosto de 2016

    O hausa é a lingua máis falada no oeste de África e a súa inclusión nesta rede social responde á vontade de Facebook de chegar a Nixeria, o país africano máis poboado.

    Fonte: Le Point

    09 de agosto de 2016

    O lanzamento deste portal en portugués por parte da axencia de noticias oficial Xinhua responde ao desexo de fomentar as relacións entre China e os países de lingua portuguesa.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    09 de agosto de 2016

    Os deputados deste país africano poderán realizar cursos en liña sobre as técnicas de xestión das finanzas públicas en lingua portuguesa.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder