Máis de 5000 persoas xa asinaron a petición en liña que lle demanda ao Goberno británico que continúe financiando o desenvolvemento da lingua córnica.
Fonte: Nationalia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Máis de 5000 persoas xa asinaron a petición en liña que lle demanda ao Goberno británico que continúe financiando o desenvolvemento da lingua córnica.
Fonte: Nationalia
Con motivo dunha reunión en Estrasburgo, o presidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, polas súas siglas en inglés), Patxi Baztarrika, pediulle ao responsable da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa colaboración en materia de diversidade lingüística.
Fonte: La Vanguardia
O Termcat e a Academia Valenciana da Lingua subscribiron un convenio de colaboración para desenvolver terminoloxía relacionada con diferentes ámbitos do coñecemento.
Fonte: ABC
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Vigo no acto programado polo Foro Enrique Peinador para conmemorar o Día da Galeguidade Empresarial, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación a través deste departamento.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación leva aos concellos de Boiro, O Rosal, Ordes, Caldas de Reis e Val do Dubra as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lles destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña subvencionará a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística de 25 concellos durante o ano 2016.
Fonte: Galicia Hoxe
Coca-Coca Iberian Partners vén de incorporar o galego á súa frota de coches comerciais, por medio da rotulación na lingua propia de Galicia de 30 dos seus vehículos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
“Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI) -EDI-RED” é un proxecto que recolle nunha páxina web a historia da edición literaria en galego, castelán, portugués, éuscaro e catalán desde 1800 ata a actualidade en formato dixital e en papel.
Fonte: El Día
O Goberno galego inaugura na Coruña a exposición itinerante sobre Manuel María, unha das actividades enmarcadas na programación do Día das Letras Galegas que este ano lle rende homenaxe ao autor chairego.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) no acto de presentación do primeiro encontro escolar de Bertsolarias e Regueifeir@s en Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín