Un conxunto de estudos científicos revela que a aprendizaxe de varias linguas pode ter efectos positivos para nenos e nenas autistas.
Fonte: Scientific American
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un conxunto de estudos científicos revela que a aprendizaxe de varias linguas pode ter efectos positivos para nenos e nenas autistas.
Fonte: Scientific American
A viceministra de Educación de Timor Leste agradece a Portugal a axuda prestada na implantación de varios proxectos que permitirán reintroducir e consolidar a lingua portuguesa no país asiático.
Fonte: Correia da Manhã
Esta queixa vén motivada pola denegación aos concellos de Teo, Compostela e Santa Comba dunha axuda do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo por presentar en galego algún dos informes achegados na petición.
Fonte: Sermos Galiza
Un estudo realizado polo investigador da Universidade de Vigo Jorge Diz Ferreira achega diversas conclusións sobre as interaccións entre falantes bilingües galego-castelán.
Fonte: Galicia Confidencial
Por primeira vez, o Goberno concederá axudas cunha periodicidade de tres anos en lugar dun ano, co obxectivo de proporcionarlles maior estabilidade aos medios.
Fonte: ABC
A emisora de radio SBS lanzou o Concurso das Linguas Nacionais SBS co fin de promover o interese polas linguas entre a xente nova de Australia nun momento no que o a súa aprendizaxe está en declive.
Fonte: Neos Cosmos
O ministro de Educación de Portugal, Tiago Brandão Rodrigues, anunciou a integración da lingua portuguesa no sistema educativo francés a partir do próximo curso grazas a un acordo asinado entre representantes educativos de Portugal e Francia.
Fonte: Renascença
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Hostal dos Reis Católicos no acto de sinatura da Carta de Consumo Responsable e Solidario coas Marcas que Etiquetan en Lingua Galega de catorce empresas e mais dos concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo, Ferrol e Oroso.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de publicar a aplicación do sistema de tradución Gaio. A app, dispoñible para os sistemas operativos IOS e Android, traslada aos dispositivos móbiles as funcionalidades de Gaio, un servizo de tradución interna da Administración autonómica que a Xunta puxo a disposición da cidadanía en setembro de 2015.
Euskaltzaindia presentará un dicionario básico xurídico-parlamentario que agrupa multitude de termos en lingua vasca que se empregan habitualmente no dereito parlamentario.
Fonte: Noticias de Navarra
Subscríbase ao boletín