Os estudantes e docentes de portugués en universidade estranxeiras poderán optar a seis bolsas destinadas a estudar a lingua portuguesa e a investigar sobre ela.
Fonte: Mundo Português
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os estudantes e docentes de portugués en universidade estranxeiras poderán optar a seis bolsas destinadas a estudar a lingua portuguesa e a investigar sobre ela.
Fonte: Mundo Português
A Consellería de Educación e Universidade presentou a composición dunha comisión de expertos que vai realizar un estudo sobre o modelo lingüístico escolar do arquipélago.
Fonte: 20minutos
A ordenanza municipal de uso e promoción do asturiano de Villaviciosa foi publicada na web do Concello para dala a coñecer e anunciar a súa aplicación e desenvolvemento.
Fonte: En la Villa
O V Premio de pezas audiovisuais curtas de comedia "Somos a curta!" ten como finalidade fomentar o emprego do galego nos novos valores do audiovisual.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O sindicato STEI solicitoulle ao Goberno balear medidas de discriminación positiva para fomentar a presenza e o uso do catalán nos centros educativos, na rúa, na Administración e nos medios de comunicación.
Fonte: Periódico de Ibiza
"A Chave", cuxas principais liñas de traballo están centradas na lexicografía, é un proxecto que busca concienciar a cidadanía da riqueza léxica e expresiva do galego. O seu obxectivo é empregalo como lingua vehicular en todas as áreas do coñecemento e da cultura, e coa máxima calidade lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Dous alumnos da Universidade de Washington inventaron unhas luvas que poden interpretar o movemento das mans e traducir lingua de signos.
Fonte: Boas Notícias
Un estudo elaborado pola Universidade de Luxemburgo para o Instituto Nacional de Estatística (STATEC) revelou que, no lugar de traballo, o francés é a lingua máis empregada, seguido do luxemburgués e o alemán. O luxemburgués xa é a primeira lingua máis usada nos fogares e nas escolas.
Fonte: Luxemburger Wort
O 'FalaRedes', da Consellería de Cultura e Educación, dálle a benvida esta fin de semana ao mes das Letras Galegas con seis propostas pensadas para dinamizar o uso da lingua propia de Galicia no tempo de lecer.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A ordenanza foi aprobada en pleno municipal pola maioría dos partidos políticos do Concello de Avilés.
Fonte: La Voz de Avilés
Subscríbase ao boletín