As actividades, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Municipal, van dirixidas ao público familiar e desenvolveranse ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As actividades, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Municipal, van dirixidas ao público familiar e desenvolveranse ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o Día das Letras Galegas no Gaiás cunha homenaxe cidadá a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións e ata un obradoiro de rap.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Manuel Rivas gañou o Premio da Crítica na categoría de Narrativa en galego pola súa novela O último día de Terranova, mentres que María do Cebreiro fixo o propio no apartado de Poesía co poemario O deserto.
Fonte: Faro de Vigo
O xefe do Goberno de Macau, Fernando Chui Sai On, declarou que a ex-colonia portuguesa quere converterse en centro de formación de portugués na rexión de Asia-Pacífico.
Fonte: Sapo 24
Segundo establece unha resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, as facturas emitidas en territorios fronteirizos onde se falen varias linguas non poderán estar exclusivamente nun só idioma.
Fonte: El Economista
Diversas cidades de Cabilia, no norte de Alxeria, acolleron mobilizacións que demandaron unha oficialización efectiva da lingua bérber ou tamazight no país norteafricano.
Fonte: Nationalia
Os servizos culturais da embaixada de Portugal en Timor Leste organizan a semana da lingua portuguesa en Dili que acollerá, entre outras, actividades relacionadas co cinema, a literatura e a música.
Fonte: Notícias ao Minuto
Sorginen Kondaira é un videoxogo en 3D ambientado na mitoloxía vasca e que está en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pon en marcha esta iniciativa co obxectivo de darlle maior visibilidade ao galego en todas as situacións sociais.
Fonte: CTNL
A Asociación PuntoGal e a Federación de Librarías de Galicia van poñer en marcha, co gallo da celebración do Día do Libro, a campaña Cultiva a Lectura que inclúe a adquisición de dominios .gal por 15 euros.
Fonte: Codigo Cero
Subscríbase ao boletín