Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xullo de 2016

    A Deputación da Coruña outorgou o VII Premio Rosalía de Castro de Lingua ao escritor Xabier DoCampo polo seu labor literario e compromiso coa lingua do país. Por outra banda, na nova categoría de normalización da lingua en infantil e xuvenil, o premio recaeu no Correlingua e na Escola de Ensino Galego "Semente".

    Fonte: Sermos Galiza

    16 de xullo de 2016

    A exposición itinerante "Manuel María. Beleza, amor e compromiso", promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, e mais pola Casa Museo Manuel María, despide Marín tras facer parada no Museo Municipal Manuel Torres deste concello pontevedrés. A próxima parada será a Casa da Cultura de Noia.

    15 de xullo de 2016

    O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno vasco fixo un chamamento á Unión Europea demandando un tratamento máis equitativo e inclusivo para todas as linguas non oficiais da rexión.

    Fonte: Expansión

    15 de xullo de 2016

    O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña decidiu ofrecer apoio a 46 proxectos empresariais que incorporan o catalán. Entre os proxectos apoiados hai 26 de produtos e servizos tecnolóxicos e 26 de tradución de obras non literarias.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    15 de xullo de 2016

    A localidade francesa de Saint-Girons (Sant Guironç, en occitano) inaugurará o curso que vén unha escola de fala occitana (Calandreta de Coserans) que conta de momento con dez alumnos inscritos.

    Fonte: Jornalet

    15 de xullo de 2016

    A organización non gobernamental Save the Children abriu unha nova liña de atención telefónica que dará apoio e orientación a menores en italiano, árabe, inglés, francés, tigriña, somalí e parsi.

    Fonte: Stranieri in Italia

    14 de xullo de 2016

    A cativada do concello pontevedrés de Tui terá ocasión de gozar dos Bolechas no marco da penúltima cita da actividade 'Os Bolechas van ás Olimpíadas' da edición 2016 do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de xullo de 2016

    Unha análise recente estima que 88 das 90 linguas indíxenas do Canadá poderían desaparecer se non se toman as estratexias adecuadas para revitalizalas.

    Fonte: Nationalia

    14 de xullo de 2016

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lembra que o 16 de xullo remata o prazo de inscrición nos cursos preparatorios das probas de acreditación dos niveis de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 17 de xullo a través da Resolución do 8 de xuño de 2016, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

    14 de xullo de 2016

    Cinco concellos do val de Txorrieri chegaron a un acordo con cinco equipos de fútbol para fomentar o idioma entre os xogadores dos equipos e nas actividades deportivas que realizan.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder