O ministro do Interior de Suíza, Alain Berset, mostrouse disposto a elaborar unha política común que harmonice o ensino das linguas tanto nacionais como estranxeiras nas escolas de todo o país.
Fonte: Swissinfo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro do Interior de Suíza, Alain Berset, mostrouse disposto a elaborar unha política común que harmonice o ensino das linguas tanto nacionais como estranxeiras nas escolas de todo o país.
Fonte: Swissinfo
A Academia Francesa outorgou ao filósofo portugués Eduardo Lourenço o Premio de Divulgación da Lingua e Literatura Francesas por escribir boa parte da súa obra neste idioma.
Fonte: Correio da Manhã
"A liña do galego" é o servizo d'A Mesa pola Normalización Lingüística que permite presentar queixas ou parabéns sobre o uso da lingua galega en todos os ámbitos. A partir de agora, este servizo estará dispoñible por medio dunha aplicación para dispositivos móbiles Android e iOS.
Fonte: Praza Pública
Os resultados destas enquisas foron presentados na IV Xornada sobre lingua e sociedade nos territorios de fala catalá. Entre algúns dos datos, saliéntase que en Cataluña e Baleares un 80 % sabe falar catalán, en Alguer un 50 % e no sur de Francia un 35,4 %.
Fonte: La Vanguardia
O Consello Social da Lingua Catalá aprobou o documento que recolle as propostas de actuacións en materia de política lingüística no período 2016-2021. Este documento axudará as institucións no ámbito da normalización lingüística.
Fonte: Última Hora
A Consellería de Cultura e Educación levará ata os concellos de Monterroso e Outes as propostas de dinamización lingüística do programa "FalaRedes", que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou en San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego, no acto inaugural da exposición conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala “Saúde e Terra, irmá(n)s”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Carballo o Plan de dinamización no tecido económico 2015-2020 no marco do "XII Curso de verán sobre dinamización lingüística".
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, avanzou algunhas novidades como son o reforzo do espazo expositivo con máis servizos, posibilidades de situación e accións de dinamización realizadas desde os propios postos.
Fonte: Xunta de Galicia
A Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia sumará dous novos a partir do vindeiro curso académico, en virtude das novas incorporacións dos centros adscritos a ela en Zürich (en colaboración coa Universidade de Zürich) e en Tokio (en colaboración co Instituto Cervantes). Deste xeito, a Xunta de Galicia contará cun total de 37 centros de ensino e aprendizaxe da lingua, literatura e cultura galegas en todo o mundo.
Subscríbase ao boletín