Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xullo de 2016

    A Xunta de Galicia lamenta o pasamento do escritor Agustín Fernández Paz, un dos autores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil en Galicia e no conxunto de España.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de xullo de 2016

    A escritora británica de orixe ghanesa, Sharon Dodua Otoo, acaba de gañar o premio de narrativa de ficción Ingeborg Bachman, un dos máis importantes da literatura en lingua alemá, pola súa obra curta Herr Gröttrup setzt sich hin.

    Fonte: The Guardian

    13 de xullo de 2016

    Despois dunha longa enfermidade, morre en Vigo un dos autores máis queridos das letras galegas, o vilalbés Agustín Fernández Paz.

    Fonte: Praza Pública

    13 de xullo de 2016

    A cuarta Estancia lingüística organizada polo Institut Ramon Llull acollerá un total de 25 estudantes de catalán de todo o mundo. Estes estudantes terán a oportunidade de perfeccionar o idioma estando en contacto coa sociedade catalá durante 15 días.

    Fonte: El Economista

    12 de xullo de 2016

    A Real Academia Galega incorporou novos membros. A última persoa que se incorporou á institución foi a escritora e catedrática Marilar Aleixandre, que é agora membro de pleno dereito.

    Fonte: Cultura galega

    12 de xullo de 2016

    O ministro de Educación do cantón de fala italiana de Ticino sente que, na problemática sobre que lingua ou linguas se deben ensinar nas escolas, Suíza esquece con frecuencia que o italiano é a terceira lingua nacional e que, por tanto, debe estar ao mesmo nivel que o alemán e o francés.

    Fonte: The Local

    12 de xullo de 2016

    O Goberno alemán acaba de aprobar novas leis que obrigan os demandantes de asilo a facer cursos de lingua e integración para poder traballar e ficar no país.

    Fonte: The Telegraph

    12 de xullo de 2016

    Un total de 3108 persoas presentáronse aos exames para obter un certificado oficial de catalán en maio e xuño. Os certificados C1 e C2 abranguen case o 80 % dos examinados.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de xullo de 2016

    A Consellería de Cultura de Cataluña está colaborando coas principais distribuidoras de contido dixital como Filmin ou Netflix para fomentar a subtitulación e a dobraxe en catalán.

    Fonte: Europa Press

    11 de xullo de 2016

    A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2017 a Carlos Casares, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán ao escritor ourensán o vindeiro ano.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder