A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña presentou unha nova base de datos onde se poden consultar todas as películas e series que hai dispoñibles en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña presentou unha nova base de datos onde se poden consultar todas as películas e series que hai dispoñibles en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A comisión de Éuscaro, Cultura, Educación, Mocidade e Festas do Goberno vasco aprobou as axudas para a aprendizaxe do éuscaro que experimentaron esta ano un incremento dun 43 %.
Fonte: Diario Vasco
A asociación Frauga e o Agrupamento de Escolas de Miranda do Douro (AEMD, polas súas siglas en portugués) participaron na publicación de material didáctico en lingua mirandesa que se poderá empregar nos centros de ensino do concello transmontano.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística publicou un estudo que revela que a porcentaxe de indíxenas que falan unha lingua nativa é seis veces maior entre os que viven en terras indíxenas que entre aqueles que se trasladan ás cidades.
Fonte: Vestibular
O Pleno Municipal de Bielsa aprobou solicitar ao Goberno a declaración de municipio de utilización histórica do aragonés. Bielsa súmase así aos municipios de Mianos, Val d’Echo, Fonz, Caldearenas, Santa Cilia, Arguis, Boltaña, Broto e Almudévar.
Fonte: AraInfo
O Instituto Ramon Llull presentou unha avaliación sobre o estado do estudo do catalán no mundo. Así pois, o catalán está presente en 145 centros universitarios en 28 países de catro continentes e conta con 6 000 estudantes matriculados en primeiro, segundo e terceiro grao. Así mesmo, é a novena lingua por número de falantes en Europa.
Fonte: El Nacional
O primeiro ministro francés, Manuel Valls, rexeitou as demandas dos nacionalistas corsos de converter a lingua corsa en lingua cooficial xunto co francés.
Fonte: The Local
Os centros de ensino de alto rendemento académico ou as escolas especializadas da cidade de Helsinqui contan cunha pequena porcentaxe de alumnado de orixe estranxeira que opta por escolas de formación profesional ou institutos convencionais. A causa pode estar na falta de suficientes habilidades lingüísticas en finés e sueco.
Fonte: YLE UUTISET
O castelo de Soutomaior foi o escenario da entrega dos premios "Lois Peña Novo", uns galardóns xa consolidados ao longo dos seus vinte e dous anos de historia e que seguen fieis ás súas orixes de promover e modernizar a lingua galega. Na edición deste ano, os premiados foron os profesores Francisco Díaz-Fierros e Xosé Manuel Cid Fernández e o Concello de Brión.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de investidura da Asociación Galego-Portuguesa de Educación pola Paz, da Eurocidade Tui-Valença e do dúo musical 2naFronteira como novos xuíces honorarios do Couto Mixto.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín