O Pleno do Concello de Madrid recoñece o valor das linguas de signos mediante a aprobación dunha declaración institucional na que se comprometen a fomentar a aprendizaxe e o coñecemento destas linguas.
Fonte: Europa Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Pleno do Concello de Madrid recoñece o valor das linguas de signos mediante a aprobación dunha declaración institucional na que se comprometen a fomentar a aprendizaxe e o coñecemento destas linguas.
Fonte: Europa Press
A lingua portuguesa é orixe de variedades lingüísticas crioulas en Malaisia, Sri Lanka, India, Paquistán e China (Macau). Porén, estas variedades están en risco de extinción, tal como informaron expertos nunha conferencia en Malaca (Malaisia).
Fonte: Diário de Notícias
O programa "Vacacións divertidas de verán", promovido pola freguesía portuguesa de Alvaräes, en Viana do Castelo, pretende fomentar a aprendizaxe e preservación da lingua e tradicións portuguesas entre nenos e nenas que pasan as vacacións de verán na zona.
Fonte: Rádio Alto Minho
A Plataforma pola Lingua pídelles reciprocidade dos medios en catalán ás institucións europeas para que se aplique a lexislación e se defendan os dereitos lingüísticos dos cidadáns.
Fonte: Vila Web
Estes cursos tratarán diversos ámbitos da expresión escrita e oral en galego, dende a linguaxe administrativa á sanitaria e prestando especial atención ao uso do galego na investigación e a ciencia.
Fonte: Universidade de Vigo
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na entrega de premios que outorga Feiraco, en colaboración coa Consellería, con motivo da quinta edición do concurso de microrrelatos Letras Galegas 2016.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Fundación Repsol renovaron a súa colaboración para convocar unha nova edición do Premio de Narrativa Breve Repsol dirixido a escritores en lingua galega para o ano 2016.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Dirección Xeral de Política Lingüística presenta en Tortosa as principais conclusións do estudo Ofercat 2015. Para a realización deste estudo foron analizados 329 comercios.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Pleno de Bimenes declara o asturiano como lingua oficial do concello. Esta declaración realizarase na Semana da Oficialidade, unha semana de celebracións referentes á lingua asturiana.
Fonte: Asturies
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou un adianto do novo portal oficial de Toponimia de Galicia (toponimia.xunta.gal), un web que será actualizado baixo a colaboración de diversos organismos para a renovación desta ferramenta e para a publicación dunha nova edición do Nomenclátor da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín