Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de marzo de 2016

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Silleda organizará actividades ao longo de todo o ano co obxectivo de fomentar o galego entre a poboación do municipio.

    Fonte: La Voz de Galicia

    30 de marzo de 2016

    A Consellería de Cultura e Educación programa tres actividades para esta fin de semana no marco do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    30 de marzo de 2016

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo lanza a 12ª edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores e a terceira do Premio a proxecto de webserie en galego.

    Fonte: Praza Pública

    30 de marzo de 2016

    A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo edita o manual Na Universidade. En galego con seguridade co obxectivo de que a comunidade universitaria empregue o galego con fluidez e corrección, tanto na lingua oral como escrita.

    Fonte: Diario da Universidade de Vigo

    30 de marzo de 2016

    Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Emigración, Valentín García e Antonio Rodríguez Miranda respectivamente, participaron no acto de presentación do libro Conciencia de Galicia, do Centro Galego de Barcelona, no que o autor, Manoel Carrete, traza un percorrido pola historia da emigración galega en Cataluña.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de marzo de 2016

    Un estudo elaborado por un sitio en liña de busca de emprego no Brasil revela que o xaponés é a cuarta lingua estranxeira máis demandada nos procesos selectivos.

    Fonte: IPC Digital

    29 de marzo de 2016

    O concello de Miranda do Douro celebra un encontro internacional que reúne investigadores de seis países europeos para analizar a lingua mirandesa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    29 de marzo de 2016

    Só o 1 3% do profesorado vasco dispón do nivel B2 de inglés, acreditación necesaria no País Vasco para impartir clases neste idioma.

    Fonte: El Correo

    29 de marzo de 2016

    Segundo informou a Fundación PuntuEUS, a campaña iniciarase do 1 ao 17 de abril para ampliar a difusión do dominio .eus.

    Fonte: EITB

    29 de marzo de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, gabou a Ramón María Aller Ulloa como “precursor do uso do galego no eido científico” durante a presentación da obra Astronomía a ollo ceibe, editada agora en lingua galega con motivo do 50 aniversario do pasamento do científico lalinense.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder