O líder da Cámara dos Comúns do Parlamento do Reino Unido, o conservador Chris Grayling, rexeitou varias peticións que reclamaban a posibilidade de empregar o galés nos discursos orais.
Fonte: BBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O líder da Cámara dos Comúns do Parlamento do Reino Unido, o conservador Chris Grayling, rexeitou varias peticións que reclamaban a posibilidade de empregar o galés nos discursos orais.
Fonte: BBC
TalkTalkBnb é unha nova rede social que pon en contacto persoas que desexan aprender unha lingua estranxeira ofrecendo en troco aloxamento gratuíto.
Fonte: RTL2
Estes 680 establecementos son comercios e locais de hostalería que se comprometen a atender os clientes en éuscaro e dirixir a primeira palabra nesta lingua. Todos os locais levarán unha insignia distintiva para informar os clientes de que poden ser atendidos en éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios das cuartas edicións dos certames Ensaio Subversivo ‘Guillermo Domíguez’ e Banda Deseñada ‘AX1’, que promoven o Colectivo Xelmírez e o profesorado do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no concello coruñés de Teo na rolda de prensa de presentación do disco ‘Alá onde agroman as herbas’, co que Sofía Espiñeira se fixo co premio da segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego que convoca este concello.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Teo aprobou a ordenanza para o impulso social da lingua galega, baixo a cal se regula o uso do galego e os labores lingüísticos do concello na atención ao público.
Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Dous hospitais de Bélxica introduciron robots que poden comunicar en 20 linguas diferentes. Polo momento, os humanoides realizan unicamente servizos de recepción de pacientes.
Fonte: Numerama
As declaracións do primeiro ministro de Xamaica sobre a posibilidade de converter o español en lingua oficial sumiu o país caribeño nun profundo debate sobre se o crioulo debería recibir tamén o mesmo status.
Fonte: Nationalia
En Aragón celebrouse o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Esta celebración adoptouse en 2014 no Consello de Ministros e dende entón ten lugar todos os anos o 14 de xuño. A Agrupación de Persoas Xordas de Zaragoza e Aragón organizou diversas actividades con motivo da conmemoración.
Fonte: Discapnet
Na maioría da publicidade en España existe un emprego excesivo de terminoloxía inglesa en lugar de empregar o seu equivalente en español. Esta práctica abre un debate sobre que se pode facer para evitar o uso excesivo de palabras inglesas que substitúen palabras que xa existen en español.
Fonte: El País
Subscríbase ao boletín