Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de marzo de 2016

    O Instituto Camões inaugurou a súa nova oficina en Luxemburgo co nome de Centro Cultural Portugués. Ao acto asistiron o primeiro ministro luxemburgués, Xavier Bettel e Teresa Ribeiro, secretaria de Estado de Cooperación do Goberno portugués.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    16 de marzo de 2016

    O novo marco lingüístico establece que o 50 % da ensinanza será impartida en lingua catalá.

    Fonte: Periódico de Ibiza y Formentera

    16 de marzo de 2016

    Máis de 200 000 alumnos estudan catalán a través do espazo virtual Parla.com impulsado pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat.

    Fonte: La Vanguardia

    15 de marzo de 2016

    O embaixador de Portugal en Francia anunciou que os gobernos de Portugal e Francia chegarán a un acordo para introducir o ensino do portugués como lingua estranxeira nos plans de estudos do ensino público.

    Fonte: Expresso

    15 de marzo de 2016

    Subvencionaranse proxectos en catalán ou en aranés de entidades sen ánimo de lucro e organizacións profesionais do sector da comunicación.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    15 de marzo de 2016

    Son varios os colectivos que lle reclaman a Amazon que o seu portal estea dispoñible en catalán e que incorpore esta lingua aos lectores de libro electrónico de Kindle.

    Fonte: ADSL Zone

    15 de marzo de 2016

    Este dicionario básico destinado aos turistas distribuirase de balde hoteis, bares e oficinas de turismo. Contén arredor de 1000 entradas con termos en éuscaro, castelán, galego, catalán, francés, inglés, italiano e alemán.

    Fonte: El Diario Vasco

    15 de marzo de 2016

    Segundo a Avaliación Diagnóstica presentada polo Goberno vasco, o alumnado dos centros educativos públicos e concertados empeora no que se refire ás súas competencias en éuscaro, malia que cualifican este empeoramento como pouco significativo.

    Fonte: El Diario Vasco

    15 de marzo de 2016

    Coa etiqueta #signaCastelao en Twitter preténdese contribuír á difusión e normalización do signo co que se identifica a Castelao na lingua de signos. O obxectivo desta campaña é concienciar a poboación sobre a necesidade de fomentar a inclusión e a integración do conxunto da sociedade.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    15 de marzo de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na rolda de prensa de presentación da programación de actividades conmemorativa do centenario das Irmandades da Fala, un acto conxunto celebrado coa Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder