Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xuño de 2016

    O modelo de calculadora ClassWiz de Casio permite escoller idioma e entre eles ofrece a posibilidade de seleccionar o éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    06 de xuño de 2016

    A Oficina do Censo dos Estados Unidos de América comezará a ofrecer cuestionarios e formularios censuais en árabe dado o forte incremento que experimentou o uso desta lingua no país americano.

    Fonte: Breitbart

    06 de xuño de 2016

    A Radio e Televisión de Portugal (RTP) e a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) asinaron un acordo no Porto para traballar xuntas na primeira coprodución de ficción. A serie levará o nome de Vidago Palace e, aínda que terá como lingua principal o portugués, contará tamén con actores e actrices que falen galego.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    06 de xuño de 2016

    A Consellería de Xustiza e a Academia Valenciana da Lingua (AVL) acordan o desenvolvemento de iniciativas conxuntas que incentiven o uso do valenciano na xustiza.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de xuño de 2016

    A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte organiza o encontro para coordinar as accións en materia de política lingüística.

    Fonte: El Periodic

    06 de xuño de 2016

    O Concello de Vitoria-Gasteiz e a Deputación Foral de Áraba promoverán a lingua vasca no ámbito do ocio, do tempo libre e do deporte.

    Fonte: Gasteiz Hoy

    06 de xuño de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo de Pontevedra no acto de presentación do libro-CD de poesía multilingüe Poesis, un proxecto coordinado pola profesora Elisabeth Oliveira con poesía e cancións en galego, portugués, francés e castelán.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de xuño de 2016

    O Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal) fixo pública a convocatoria dunha nova praza de lector ou lectora de lingua, literatura e cultura galegas no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de xuño de 2016

    O Programa de Educación e Seguranza Nacional do Departamento de Defensa dos EUA atribuíu unha bolsa de case 3 millóns de euros ao programa de ensino de portugués da Universidade de Xeorxia.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    03 de xuño de 2016

    A lingua elfdaliana, falada en Suecia por 3000 persoas, xa ten asignado un código ISO. Esta medida representa un primeiro paso para o seu recoñecemento internacional como lingua per se.

    Fonte: The Local

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder