Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de xuño de 2016

    As universidades británicas están comezando a ofrecer cursos de nivel inicial de linguas estranxeiras como o francés, o alemán e o español para contrarrestar o declive no ensino destes idiomas en secundaria.

    Fonte: The Guardian

    01 de xuño de 2016

    A mostra itinerante 'Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)' chega a Vilalba, outra das vilas emblemáticas da vida e da obra de Manuel María Fernández Teixeiro, o autor ao que Real Academia Galega lle rendeu tributo o 17 de maio.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de xuño de 2016

    A Consellería de Xustiza, Administración Pública, Reformas Democráticas e Liberdades Públicas da Comunidade con esta medida busca atender a cidadanía en ambas as linguas cooficiais e estender o uso do valenciano na Administración de Xustiza.

    Fonte: Valencia Plaza

    01 de xuño de 2016

    Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Xosé Manuel Cid Fernández e o Concello de Brión foron os galardoados pola súa utilización do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de xuño de 2016

    Co obxectivo de fomentar o uso do galego na publicidade do tecido empresarial compostelán, o Concello convoca o VI Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de xuño de 2016

    Os programas, aos que se destina unha cantidade de 3,2 millóns de euros, están destinados a apoiar a euscaldunización do profesorado de centros privados.

    Fonte: 20minutos

    01 de xuño de 2016

    Varias organizacións convocaron para o sábado 4 de xuño unha manifestación en Pamplona para reivindicar o dereito a vivir en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    01 de xuño de 2016

    A Deputación de Ourense asume desde este ano a organización deste galardón que premia novelas en galego e que chega á súa 35 edición.

    Fonte: Faro de Vigo

    31 de maio de 2016

    O Europarlamento acollerá a conferencia co título "Respecto polos dereitos lingüísticos? As discriminacións lingüísticas na Unión Europea", organizada por grupos parlamentarios da Alianza Libre Europea, Os Verdes e a Esquerda Unida Europea en colaboración coa Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN). Este encontro contará coa participación d'A Mesa pola Normalización Lingüística que exporá o informe do servizo "Liña do Galego".

    31 de maio de 2016

    A Asociación da Prensa da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentan o libro Antón Villar Ponte e as Irmandades da Fala, unha obra que acaba de ver a luz co obxectivo de difundir a relevancia deste movemento histórico no desenvolvemento cultural de Galicia, así como o labor das persoas que o impulsaron.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder