Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos formativos que convoca a Escola Galega de Administración Pública.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos formativos que convoca a Escola Galega de Administración Pública.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un ditame elaborado por unha oficina pública da República de Chile permitiría ao Goberno da rexión da Araucania a opción de oficializar a lingua mapuche.
Fonte: La Tercera
A reforma do currículo escolar brasileiro non recolle a obrigatoriedade do estudo da literatura portuguesa. O Goberno de Dilma Rousseff revisará o proxecto ante as críticas suscitadas por esta iniciativa.
Fonte: Diário de Notícias
Botou a andar a quinta edición da Olimpíada da Lingua Portuguesa, iniciativa promovida polo Ministerio de Educación do Brasil co obxectivo de perfeccionar o ensino da lingua portuguesa nas escolas públicas.
Fonte: Globo
Por medio dunha carta á Unión Europea, o presidente de Chipre, Nicos Anastasiades, pediu a oficialización da lingua turca en Europa, idioma que fala o 20 % da poboación do país insular.
Fonte: Shanghai Daily
O Goberno de Aragón iniciou un proceso de procura dunha grafía común e oficial co obxectivo de superar a dispersión que supón o uso de distintas grafías.
Fonte: AraInfo
Un novo regulamento aprobado no Concello permite promover e normalizar o uso do galego como lingua prioritaria por parte da Administración local.
Fonte: Galicia Confidencial
Baixo o lema “A diversidade lingüística, garantía da riqueza patrimonial”, as xornadas, organizadas pola Comisión Cultural Martín Sarmiento, desenvolveranse en Vilafranca do Bierzo o vindeiro 9 de marzo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Varios colectivos solicitan que os impresos de prematrícula de Formación Profesional conten cunha cela que permita expresar a demanda en éuscaro para estes estudos.
Fonte: El Diario Vasco
Un novo municipio da Bretaña francesa aprobou a súa adhesión á carta de apoio á lingua bretoa "Ya d'ar brezhoneg" que inclúe 55 accións de promoción e difusión do bretón.
Fonte: Le Télégramme
Subscríbase ao boletín