Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de febreiro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a alcaldesa de Melide, Dalia García, participaron no acto organizado pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL) na vila coruñesa co gallo do Día Internacional da Lingua Materna 2016.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de febreiro de 2016

    Dúas escolas infantís municipais máis incorporarán o modelo lingüístico en éuscaro, co que as prazas nesta lingua se elevan a 409, mentres que en castelán haberá 337 e en castelán con inglés, 336.

    Fonte: Navarra.com

    23 de febreiro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos XI Premios á Calidade Lingüística da Universidade de Santiago, celebrado na Facultade de Xeografía e Historia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de febreiro de 2016

    A 2ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza bota a andar co obxectivo de tender pontes entre as dúas beiras do Miño arredor da figura de Rosalía de Castro co gallo dos 179 anos do seu nacemento.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de febreiro de 2016

    A Deputación de Pontevedra convoca subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo actividades culturais no marco do “Ano Castelao” e tamén para desenvolver iniciativas que promovan a utilización da lingua galega.

    Fonte: BOPPO

    23 de febreiro de 2016

    Máis de mil cincocentas persoas participaron nunha marcha na cidade chilena de Temuco para demandar a oficialización do mapudungun.

    Fonte: Nationalia

    23 de febreiro de 2016

    Máis dun 40 % do alumnado das escolas da cidade suíza de Xenebra fala unha lingua estranxeira. As autoridades queren reforzar o coñecemento da lingua de orixe para favorecer a aprendizaxe dun segundo idioma e facilitar a integración.

    Fonte: Tribune de Genève

    22 de febreiro de 2016

    A Academia Vasca de Dereito (AVD) e Sabino Arana Fundazioa editan o libro Euskera Foru Aldundien zirkularretan: Bizkaia (1917-1919), Gipuzkoa (1918-1923) no que se recolle o uso do éuscaro nas deputacións.

    Fonte: Deia

    22 de febreiro de 2016

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemorou o Día Internacional da Lingua Materna cun acto central no auditorio de Ourense co gallo da estrea de ‘Todo me fala de ti’, a actividade inaugural desta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de febreiro de 2016

    Ciudadanos (C's) insta a Junta de Andalucía a crear as cátedras de catalán, galego e éuscaro nos departamentos de Filoloxía de todas as universidades de Andalucía.

    Fonte: 20minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder