Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de maio de 2016

    Unha nova aplicación permite aos falantes de máis de 100 pobos indíxenas de Australia, Canadá, EUA e Nova Zelandia escribir mensaxes en liña nas súas linguas orixinarias. Esta nova ferramenta permitirá revitalizar o uso social destes idiomas.

    Fonte: CBC

    18 de maio de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Valencia no I Seminario de Direccións Xerais de Política Lingüística promovido pola Dirección Xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo (DGPLGM) da Generalitat Valenciana no marco do congreso “Aposta polo Multilingüismo. 15 anos do Marco Europeo Común de Referencia e do Portfolio Europeo das Linguas”

    18 de maio de 2016

    Unha empresa emerxente dos EUA lanzou un aparello auditivo que permite traducir en tempo real conversas de interlocutores que falen linguas diferentes.

    Fonte: News Discovery

    18 de maio de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca acompañado da subdirectora xeral de Política Lingüística, María A. Antón, para manter un encontro de coordinación cos seus responsables.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2016

    A secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, participaron no acto de presentación do libro Manuel María. Palabra viva de amor e afirmación.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2016

    A Obra Cultural Balear organizou un acto de apoio á lingua catalá no que reclamou a posta en marcha de medidas que aumenten a súa presenza no día a día.

    Fonte: Cadena Ser

    18 de maio de 2016

    A marcha, convocada pola plataforma Queremos Galego, serviu para reivindicar o legado de Manuel María e das Irmandades da Fala, así como o dereito a vivir en lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    18 de maio de 2016

    Os fogares españois abonados a Movistar+ poderán decidir entre ver o contido en versión orixinal ou seleccionar entre subtítulos para persoas xordas, en castelán, en éuscaro ou en catalán.

    Fonte: El Correo

    18 de maio de 2016

    O documento TIC en euskera: recomendaciones para los poderes públicos, elaborado polo Consello Asesor do Éuscaro, ten como obxectivo ofrecerlles recomendacións aos poderes públicos para incrementar a presenza e o emprego desta lingua nas TIC e en internet.

    Fonte: Gobierno Vasco

    17 de maio de 2016

    O caricaturista galés Huw Aaron publica Mellten, a primeira banda deseñada en galés en máis de 20 anos. Este aventura gráfica está pensada para xente nova e estudantes de lingua galesa.

    Fonte: Wales Online

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder